Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

19/10/20 | 12:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de Dozón na reparación da rede de abastecemento de auga de varios núcleos do municipio

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou esta mañá o concello ao que destinou unha axuda de 32.000 euros para este fin

19/10/20 | 12:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense analiza co alcalde de Cenlle liñas de colaboración para seguir coa mellora de servizos e infraestruturas municipais

Gabriel Alén, que foi rexedor da localidade 9 anos, avaliou con José Manuel Rodríguez as recentes achegas autonómicas que posibilitaron a construción dunha aula cemit e a reforma integral dos seus dous centros de saúde

18/10/20 | 13:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa mañá a alerta laranxa por temporal costeiro na provincia da Coruña

Alértase dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro no oeste e suroeste do litoral coruñés por ventos do sur de forza 8

18/10/20 | 10:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta xa recibiu case 2.000 solicitudes de praza para coñecer Galicia o vindeiro ano dentro do programa Elixe Galicia

O período para solicitar praza para a convocatoria de 2021 nalgún dos catro programas de viaxes remata o vindeiro 2 de novembro

17/10/20 | 13:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a posta en marcha dunha plataforma dixital de comercialización de turismo rural

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, presentou hoxe esta nova ferramenta, que permite un contacto rápido e directo entre os viaxeiros e os propietarios dos establecementos

16/10/20 | 16:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Axega ensaia con drons de tecnoloxía autónoma a planificación e resposta ante situacións de emerxencia mediante o recoñecemento previo da zona afectada

En colaboración co Instituto Tecnolóxico de Galicia, os técnicos da Axencia Galega de Emerxencias probaron en Cervo novos drons capaces despegar e retornar ao punto de inicio de forma desatendida

16/10/20 | 16:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investiu este ano en Portas case 60.000 euros en melloras ambientais e en infraestruturas

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou un dos proxectos financiados este ano cuns 28.000 euros da Orde de Infraestruturas de uso público para mellorar a eficiencia enerxética no alumeado público

16/10/20 | 14:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor destaca que Medio Rural investiu máis de 1,8 millóns na concentración parcelaria de Vilantime-Visantoña nos concellos de Arzúa e Santiso

O delegado territorial visitou o novo punto de recollida de auga no concello de Santiso que contou cunha achega da Xunta de 33.000 euros

16/10/20 | 13:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a implicación dos concellos no Xacobeo 2021 con proxectos de dinamización para promocionar o Camiño de Santiago

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu á presentación do proxecto 'Vieiras na Vía da Prata' da agrupación dos concellos de Cualedro, Laza, Monterrei e Vilardevós, que conta co apoio da Xunta no marco do programa O teu Xacobeo