Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

21/10/20 | 15:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Barbadás e co alcalde de Cortegada

O novo representante do Goberno autonómico analizou cos rexedores de ambos municipios os temas relacionados coa administración autonómica

21/10/20 | 14:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Unha publicación do CSIC recolle as conclusións do 'X Coloquio Internacional Compostela' impulsado pola Xunta

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación da obra do investigador do CSIC Antón M. Pazos sobre a celebración do coloquio en 2016

21/10/20 | 12:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gonzalo Trenor destaca o investimento de case 100.000€ na mellora dos accesos ao hospital comarcal de Cee

As obras, planificadas e coordinadas co Sergas, están enmarcadas nos proxectos de mellora da accesibilidade nos principais centros hospitalarios públicos de Galicia

21/10/20 | 11:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta promove a dinamización turística sustentable da Reserva da Biosfera Gerês-Xurés no marco dun proxecto transfronteirizo

O goberno galego participa neste proxecto a través da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e Turismo de Galicia xestionando accións por importe de 750.000 euros

20/10/20 | 14:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
20/10/20 | 13:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta prevé rematar a finais de ano as obras do primeiro albergue público de peregrinos de Vigo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe a evolución dos traballos, aos que o Goberno galego destinará 1,8 M€

20/10/20 | 13:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese coa alcaldesa da Bola e co alcalde de Xunqueira de Ambía

O novo representante do Goberno autonómico analizou cos rexedores de ambos municipios os temas relacionados coa administración autonómica

19/10/20 | 15:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica realizou 42 inspeccións na provincia da Coruña nos dispositivos para controlar as medidas ante a covid-19

No marco destes controis os axentes identificaron a 38 persoas e tramitaron 19 denuncias en oito concellos da provincia coruñesa

19/10/20 | 15:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica realizou 63 inspeccións e identificou 476 persoas na provincia de Ourense nos operativos para controlar as medidas ante a covid-19

Estes dispositivos enmárcanse no plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19, no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade do Estado, cada unha no marco das súas competencias