Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

23/10/20 | 12:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Avión e co alcalde de Sandiás

O novo representante do Goberno autonómico analizou cos rexedores de ambos municipios os temas relacionados coa administración autonómica

23/10/20 | 10:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta recibe ao presidente da Asociación Empresarial de Profesionais e Autónomos de Ourense

Este encontro enmárcase dentro das reunións que o novo delegado está a manter con representantes dos distintos colectivos da provincia

22/10/20 | 19:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsará axudas directas de ata 20.000 euros para sufragar o alugueiro dos locais de ocio nocturno pechados polas restricións da covid-19

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe nunha reunión con representantes do sector aos que lle presentou as condicións das axudas, que contan cun orzamento de 2,2 M€

22/10/20 | 14:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Vilamartin de Valdeorras e co alcalde dos Blancos

O novo representante do Goberno autonómico analizou cos rexedores de ambos municipios os temas relacionados coa administración autonómica

22/10/20 | 13:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta adxudica 33 vivendas de promoción pública na rúa Ignacio Grobas no concello de Vigo

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias presidiu esta mañá o sorteo de asignación das vivendas no salón de actos da Delegación Territorial

22/10/20 | 12:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a 34 entidades veciñais da provincia de Ourense cun investimento de 511.300 euros

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou esta mañá as actuacións levadas a cabo na Asociación de veciños de Casar e Balboa de Lamas en Pena Corneira para ampliar o local social e equipar as instalacións

22/10/20 | 12:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor anuncia a licitación do santuario de Nosa Señora das Angustias por máis de 132.000 euros

A intervención centraranse en resolver os problemas de humidades que sofre este inmoble, sede da Confraría das Angustias e importante espazo litúrxico na celebración da Semana Santa ferrolá

22/10/20 | 10:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta informa favorablemente a concesión da categoría de interese turístico internacional para a Festa do Polbo do Carballiño

Hoxe remitiu o correspondente expediente administrativo á Secretaría de Estado de Turismo, organismo competente para formalizar esta distinción

21/10/20 | 17:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mantén as xornadas de portas abertas das rutas dos viños de Galicia adaptando o programa ás novas restricións

Quedan suspendidos todos os buses do viño, pero continúan as visitas ás adegas, así como as actividades especiais nas que se poidan cumprir cos aforos

21/10/20 | 15:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Profesionais das viaxes de incentivos coñecen Galicia como destino ideal para o turismo de congresos e reunións

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta mañá na presentación desta viaxe de familiarización incluída na iniciativa Galicia MICE, promovida pola Xunta en conxunto co sector turístico