Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

28/10/20 | 17:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luisa Piñeiro ofrece a "colaboración e dispoñibilidade" da Xunta co Concello de Ribadumia na súa primeira visita institucional

A delegada territorial en Pontevedra garantíu un contacto “periódico e constante” e recibíu o agradecemento do alcalde David Castro pola reunión

28/10/20 | 14:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 32.000 euros á adquisición dun vehículo para labores ambientais da Policía Local do concello de Tomiño

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, fixo entrega deste vehículo financiado polo Goberno galego ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental

28/10/20 | 13:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, realiza unha visita institucional ao concello pontevedrés de Salceda

A nova representante autonómica analizou coa alcaldesa desta localidade, Dolores Castiñeira, os temas relacionados coa Administración galega

28/10/20 | 11:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta agradece a implicación de 230 agrupacións de voluntarios de Protección Civil na loita contra a covid-19

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, visitou hoxe a AVPC de Carballo, que realizou 650 operativos estes meses relacionados co coronavirus, que se suman aos 100.000 levados a cabo en toda Galicia

28/10/20 | 00:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O DOG publica a orde pola que se declara espazo natural de interese local ao Complexo Dunar de O Vao-Baluarte, en Vigo

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, desprazouse ata o areal onde informou que con esta declaración o Concello asume o compromiso de poñer en práctica as medidas necesarias para garantir os seus valores naturais

27/10/20 | 19:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta demanda ao Goberno central que defenda en Bruxelas o acordo pesqueiro ante o final das negociacións do Brexit

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta tarde por videoconferencia na 63ª reunión do pleno da Conferencia para Asuntos Relacionados coa Unión Europea (CARUE)

27/10/20 | 15:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de San Xoán de Río e co alcalde de Verea

O novo representante do Goberno autonómico analizou cos rexedores de ambos municipios os temas relacionados coa administración autonómica

27/10/20 | 14:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor anuncia a adxudicación da restauración da igrexa de San Xurxo de Torres en Vilarmaior por un importe de máis de 88.000 €

A intervención centrarase en realizar melloras estruturais e na renovación de toda a cuberta porque se atopa en moi mal estado