Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

31/10/20 | 11:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Consorcio Casco Vello de Vigo someterá este luns a votación un orzamento que supera os 4 M€ para o 2021

A presidenta do organismo e delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, pon en valor o esforzo inversor da Administración galega, que duplica de novo a súa achega con 400.000 euros para o vindeiro exercicio

31/10/20 | 10:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor destaca o traballo dos membros de Protección Civil de Val do Dubra para reforzar os servizos de emerxencias

A Administración autonómica continuará reforzando o equipamento das AVPC para que poidan levar a cabo as súas intervencións e labores de prevención en condicións de seguridade

30/10/20 | 16:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese coa alcaldesa de Pobra de Trives e co alcalde de Parada de Sil

O novo representante do Goberno autonómico analizou cos rexedores de ambos municipios os temas relacionados coa administración autonómica

30/10/20 | 15:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visita ás asociacións de veciños de Lavadores, Teis, Cabral e o Calvario

Marta Fernández-Tapias puxo en valor a decidida aposta do Goberno galego por fomentar o movemento veciñal, cunha liña de apoios para obras e equipamento que este ano beneficiou con máis de 623.700 euros a 47 entidades da área viguesa

30/10/20 | 14:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co presidente de Cogami

O delegado territorial agradeceulle ao presidente de Cogami o labor que está a desenvolver esta asociación, sen ánimo de lucro, a prol do benestar dos máis desfavorecidos nestes derradeiros anos

30/10/20 | 14:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, realiza unha visita institucional ao concello de Gondomar

A nova representante autonómica analizou co alcalde desta localidade, Francisco Ferreira, os temas relacionados coa Administración galega

30/10/20 | 14:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pide ao Goberno central que reduza o IVE turístico ao 4% para axudar ao sector durante a pandemia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, participou na reunión de responsables da marca turística España Verde

30/10/20 | 14:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta demanda ao Goberno central coñecer que cantidade vai recibir Galicia do fondo de resiliencia para a Administración de Xustiza

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, participou hoxe nunha reunión da Conferencia Sectorial de Xustiza co Ministerio e o resto de comunidades autónomas

30/10/20 | 12:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta cede o material de protección non empregado nas eleccións autonómicas aos 47 concellos da área territorial de Pontevedra

O Goberno galego puxo a disposición dos electores e dos membros das mesas electorais na xornada electoral do pasado 12 de xullo o material de protección necesario para dar cumprimento ao protocolo de medidas de prevención ante a covid-19 aprobado pola Xunta para garantir unha votación segura

29/10/20 | 16:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luisa Piñeiro analiza unha decena de proxectos co alcalde de Caldas de Reis na súa primeira visita institucional ao Concello

O río Umia e os saneamentos, o Camiño Portugués e os proxectos turísticos, a habilitación da Extensión Agraria e as parcelarias protagonizan o encontro