Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

04/11/20 | 13:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luisa Piñeiro ofrece a "colaboración e dispoñibilidade" da Xunta co concello da Cañiza na súa primeira visita institucional

A delegada territorial en Pontevedra garantiu un contacto “periódico e constante” e recibiu o agradecemento do alcalde Luis Piña pola reunión

04/11/20 | 12:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta informa aos produtores de pan galego das vantaxes de adherirse á nova Indicación Xeográfica Protexida

A IXP Pan Galego é un distintivo que permitirá poñer en valor os produtos elaborados en numerosos establecementos familiares que están estendidos por toda a comunidade, sobre todo nas zonas rurais

04/11/20 | 11:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa alerta laranxa por temporal costeiro a partir desta tarde no oeste e noroeste da provincia de A Coruña

Alértase dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro por vento do noroeste de forza 8

03/11/20 | 12:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia recibiu en setembro case o 5% do turismo estranxeiro que chegou a España

A comunidade recibiu o mes pasado 56.000 viaxeiros estranxeiros, cifra que supuxo un descenso aínda que menor que o marcado no conxunto nacional

03/11/20 | 12:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Plan de Investimentos Conxuntos da Eurorrexión apostará pola innovación, a ecoloxía e por encarar o desafío demográfico

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, visitou hoxe sede da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT)

03/11/20 | 10:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica en colaboración con Gardacostas investigan a 13 persoas por furtivismo ilegal e un delito contra a saúde pública na ría de Arousa

A “Operación Aixam” comezou no mes de marzo, con diferentes dispositivos de vixilancia onde se observou un aumento de furtivos nas praias de Boiro, Cabo de Cruz e Rianxo, infrinxindo as restricións vixentes polo estado de alarma

02/11/20 | 15:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Aberto o prazo de inscrición para un curso de formación en liña sobre turismo sostible e financiamento na Unión Europea

A iniciativa, que terá lugar entre o 9 e o 13 de novembro, vai dirixida a profesionais en situación de desemprego, período de formación ou mellora laboral de Galicia ou do Norte de Portugal

02/11/20 | 14:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Toén

O novo representante do Goberno galego analizou co rexedor as demandas deste municipio relacionadas coa administración autonómica

02/11/20 | 14:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta ofrecerá axudas ao sector turístico pero solicita a implicación das restantes Administracións

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, mantivo esta mañá unha reunión cos representantes do Clúster de Turismo

02/11/20 | 12:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Tres centros educativos da provincia de Ourense incorpóranse ao programa Radio na Biblio

O programa ten como obxectivo impulsar a creación de emisoras ou laboratorios radiofónicos no contexto da biblioteca escolar