Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

05/11/20 | 14:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luisa Piñeiro garante a continuidade da “máxima colaboración” da Xunta co Concello de Ponteareas tras realizar investimentos por 20M€ en catro anos

A delegada recolleu as peticións cursadas polo alcalde, Xosé Represas, sobre saneamentos, augas, infraestruturas, os centros educativos e a estación de bus

04/11/20 | 17:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luisa Piñeiro reafirma a "colaboración e compromiso" da Xunta con Vilagarcía de Arousa tras investir 38 millóns de euros en catro anos

A primeira visita institucional incluíu unha reunión de traballo co alcalde, Alberto Varela, na que se abordaron asuntos de saúde, infraestruturas e augas

04/11/20 | 15:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pagou a semana pasada 6,7M€ a máis de 2.300 agricultores e gandeiros da comarca de Santiago correspondentes aos anticipos das axudas da PAC 2020-2021

Estes pagos, que realiza o Fondo Galego de Garantía Agraria, céntranse nos anticipos das liñas de vacún de leite e de carne

04/11/20 | 14:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta acomete o reforzo do firme na PO-531 entre Pontevedra e Vilagarcía de Arousa para incrementar a seguridade viaria

Estase a realizar un fresado e posterior reposición do firme en tres treitos que suman 2.900 metros ante o seu deterioro e o da plataforma da calzada

04/11/20 | 14:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
04/11/20 | 14:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investirá 10.000 euros na rehabilitación e na dotación de equipamento do xulgado de paz de Ponteceso

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, asinou hoxe co alcalde un convenio de colaboración para levar a cabo estas actuacións que repercutirán en ofrecer un servizo de calidade aos cidadáns

04/11/20 | 14:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense visita a nova sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro en Ribadavia

As novas instalacións emprazáronse no segundo andar e a baixo cuberta do antigo Centro Comarcal do Ribeiro

04/11/20 | 13:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta por un camiño seguro para reactivar a peregrinación de cara ao Xacobeo 2021

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o xerente do Sergas, José Flores, participaron hoxe na presentación do plan para os corredores peonís seguros nos 11 concellos galegos polos que pasa o Camiño Francés

04/11/20 | 13:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta celebra cinco obradoiros e unha exposición na Biblioteca Pública Antonio Odriozola de Pontevedra na programación do mes da ciencia en galego

As actividades arrancan este venres co evento creativo ‘Precine’, a cargo de Raquel Queizás, e terán continuidade ao longo de todo o mes de novembro