Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

19/11/20 | 13:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Bóveda renovou o sistema de iluminación do pavillón municipal co apoio da Xunta

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto e o delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias comprobaron o resultado das actuacións financiadas con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental

19/11/20 | 12:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o Norte de Portugal apostan pola cooperación transfronteiriza no ámbito da economía azul

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Galicia-Norte de Portugal destaca o seu compromiso co fomento da cooperación en tódolos sectores vinculados ao mar e á actividade marítima

19/11/20 | 12:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Medio Rural abre a exposición pública da 2ª fase do proxecto de camiños de servizo e obras da concentración parcelaria de Baión, na que se investirán 1,25M€

Os 1.052 propietarios poderán consultar a documentación dende hoxe e ata o 18 de decembro a través das páxinas web da consellería ou do Concello de Vilanova

19/11/20 | 11:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia con máis de 250.000 euros a 8 asociacións e federacións de comerciantes da área de Santiago para impulsar a competitividade do sector

A Xunta colaborará con cinco centros comerciais abertos, coa praza de abastos de Padrón e con dúas federacións

18/11/20 | 17:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias informa da liña de axudas da Xunta para traballadores autónomos que pode solicitarse dende mañá, dotada con 30 M€

O delegado territorial mantivo unha xuntanza con representantes da CEL, a Federación de Comercio e a Asociación de Hostalería para explicar os detalles da convocatoria

18/11/20 | 16:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor supervisa as obras de dragaxe do Porto de Laxe e confirma a finalización das obras de drenaxe de pluviais

O delegado da Xunta comprobou o avance nas obras de mellora no edificio da lonxa

18/11/20 | 14:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luisa Piñeiro destaca o "gran traballo" da Policía Autonómica na atención á cidadanía e na garantía da seguridade e o seu "infinito esforzo" no marco da crise sanitaria

A delegada territorial visita as dependencias da Xefatura Provincial de Pontevedra xunto co Comisario Xefe de Galicia, Jorge Manuel Rubal Pena

18/11/20 | 14:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Os locais de ocio nocturno poden solicitar as axudas da Xunta ao alugueiro ata o próximo 27 de novembro

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, respondeu hoxe no Parlamento a unha pregunta sobre o apoio do Goberno galego a este sector

18/11/20 | 13:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investirá máis de 465.000 euros en diferentes actuacións paisaxísticas, medioambientais e de mellora de equipamentos nos concellos da comarca da Coruña

A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza Turismo financia este tipo de traballos con cargo ás ordes do Fondo de Compensación Ambiental e de Infraestruturas