Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta destina este ano máis de 4,6 M€ en axudas para a adquisición de equipamentos deportivos
Trátase do importe anual máis elevado e un 77% por riba da contía de 2021
A Xunta achega 92.000 euros a 14 comercios lucenses para localizar e erradicar fugas nas redes de abastecemento
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que as axudas teñen como finalidade realizar auditorías orientadas a elaborar plans de actuación para minimizar as perdas de auga
Lete destaca a Galicia e Pontevedra como as “capitais mundiais do piragüismo” no Congreso internacional de adestradores, slalom e kaiak polo
Destaca aos adestradores do CGTD Daniel Brage, Daniel Costa, Alejandro Conde ou Manuel Freiría; lembra os éxitos internacionais do slalom galego con Ainhoa Lameiro, Luis Fernández e Manuel Ochoa; e incide no grande nivel do kaiak polo galego con deportistas como Samuel Pardavila, Alejandro Casal e Marta Canosa
A Xunta e organizacións sindicais acordan o desenvolvemento da traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de Xustiza
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, presidiu hoxe a mesa sectorial
Fernández-Tapias apoia as demandas da Policía Nacional para o aumento da plantilla en Vigo
A delegada territorial da Xunta en Vigo participou nos actos programados pola Confederación Española de Policía na cidade para celebrar a súa asamblea rexional
A Xunta destinará 342 M€ en 2023 en apoio ao deporte, á Administración de Xustiza, aos concellos galegos en servizos como as emerxencias e á acción exterior da comunidade
O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, compareceu hoxe no Parlamento de Galicia para explicar as contas do departamento que dirixe para o vindeiro ano, que soben nun 12,9% máis que o ano pasado e por riba do aumento medio do 8,5% do orzamento da Xunta
Xunta, Federación Galega de Atletismo e os clubs de Vigo traballan man a man para sacar o maior rendemento do módulo do IFEVI
O Goberno galego espera, mentres tanto, as instrucións do Concello de Vigo -que tamén estaba invitado a reunión de hoxe pese a non acudir- para comezar a traballar canto antes en Balaídos
Trenor presenta o concerto de Fito&Fitipaldis que terá lugar no Palacio da Ópera este sábado no marco da programación do Xacobeo
Trenor destacou que “todos os seguidores deste grupo e os amantes da boa música terán unha ocasión única para ver a esta banda nun formato especial moito máis íntimo e próximo ao público”
Luis López defende os investimentos da Xunta no Deza e aclara que Silleda, Cruces, Agolada e Forcarei teñen agora en marcha accións por 4,5 M€
O delegado territorial asegura “non entender as críticas dos catro alcaldes, agás que se enmarquen en accións partidistas propias do período preelectoral das municipais” e lamenta que non dispoñan de máis fondos para emprego “porque non solicitan os obradoiros”