Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

11/11/22 | 11:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta premia os traballos gráficos e audiovisuais de centros escolares de Santiago de Compostela e Cee no concurso convocado polo 25-N

O xurado recoñeceu o valor das propostas presentadas nas que primaron as mensaxes de concienciación e prevención da violencia de xénero e de denuncia desta lacra

10/11/22 | 11:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta acomete melloras de eficiencia enerxética no alumeado de Freixo, Nane e Paradela, no concello de Crecente, cun investimento de 40.000€

O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde, Julio César García-Luengo, supervisou esta actuación, que permite un aforro do 70% no consumo, ao tempo que se incrementa a luminosidade e a vida útil das luminarias destas tres aldeas

10/11/22 | 10:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta por impulsar a cultura da arbitraxe como vía para desxudicializar conflitos e promover a mediación

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na inauguración do ‘II Congreso de arbitraxe e xurisdición’, que conta co apoio do Goberno galego

09/11/22 | 16:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta iniciará antes de que remate o ano obras por 6 M€ en instalacións educativas de Lugo, incluída a rehabilitación integral de tres centros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que nas últimas semanas formalizáronse os contratos para actuar nos IES Ollos Grandes e Ánxel Fole, no CEIP Paradai e para crear unha central de biomasa que dará servizo a varios edificios

09/11/22 | 15:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias anuncia a declaración de interese autonómico para o proxecto Galicia Sports 360 polos seus beneficios económicos e a creación de emprego para Vigo

A delegada da Xunta en Vigo considera unha “moi boa noticia” para a cidade a aprobación da iniciativa do Celta para a Factoría do Deporte Galego
 

09/11/22 | 15:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta está a ultimar a senda peonil na estrada autonómica LU-862 que dará continuidade ás beirarrúas de Xove

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe a marcha dos traballos, que supoñen un investimento autonómico de máis de 48.000 euros

09/11/22 | 13:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Concello de Coristanco trasládalle á Xunta o seu interese en adherirse á Rede de Concellos Emprendedores de Galicia

O delegado da Xunta na Coruña e o secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Industria e Innovación explicaron os beneficios da nova Lei de áreas empresariais

09/11/22 | 13:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo destaca Xantar como o mellor escaparate para invitar aos visitantes a coñecer Galicia e desfrutar dunha gastronomía de calidade

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, na 23ª edición do Salón internacional de turismo gastronómico, que ao igual que o ano pasado, centrarase na cociña vinculada os Camiños de Santiago de España e Portugal

09/11/22 | 12:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Conclúen as obras de construcción dunha senda peonil e ciclista entre Franza e Rilo, na que a Xunta investiu medio millón de euros

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do alcalde de Mugardos, Juan Domingo de Deus supervisou esta mañá o remate da actuación