Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

25/11/21 | 20:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta propón desenvolver o Camiño Mozárabe - Vía da Prata con fondos europeos e no ámbito nacional

Representantes turísticos de Galicia, Andalucía, Estremadura e Castela e León participaron no Encontro de Comunidades Autónomas do Camiño de Santiago pola Vía da Prata que se celebra hoxe e mañá en Sevilla

25/11/21 | 17:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A delegación territorial da Xunta acolle a presentación da 50ª edición do Belén de Begonte e dos certames culturais

A cita, declarada de interese turístico galego, recupera este ano as visitas presenciais a partir do 4 de decembro, aínda que tamén estará dispoñible a versión virtual

25/11/21 | 15:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Visto e prace do Consorcio Casco Vello de Vigo á adquisición dun novo edificio na Ribeira do Berbés

A presidenta do CCVV e delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, informou hoxe que a operación de compravenda pechouse en 150.000 euros

25/11/21 | 14:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Vigo convértese da man do Xacobeo 21-22 no epicentro da maxia a nivel mundial cos mellores artistas nacionais e internacionais no Teatro Salesianos

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o coordinador e director artístico Roberto Lolo, presentaron hoxe a I Gala Internacional de Maxia Xacobeo 21-22 que se celebrará o vindeiro 6 de decembro na cidade viguesa

25/11/21 | 14:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta anuncia a licitación das obras de renovación do firme, reparación de beirarrúas e mellora da accesibilidade en tres estradas autonómicas ao seu paso polo concello de Maceda, cun investimento de 568.000 €

O delegado territorial puxo esta intervención como un claro exemplo da aposta da Xunta "por impulsar a mellora de infraestruturas vertebradoras" no interior da Comunidade, contribuíndo así "a un rural vivo"

25/11/21 | 13:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Javier Arias súmase cos escolares de Guntín á andaina ‘Camiño ao respecto’ para rexeitar a violencia de xénero

O delegado territorial de Lugo asegura que a Xunta seguirá reforzando as accións de sensibilización, especialmente entre os máis novos, e tamén as medidas de apoio ás vítimas

24/11/21 | 19:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta asina un convenio coa Fundación Juana de Vega para analizar e impulsar as fusións municipais

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, recordou que o mapa político-administrativo local en Galicia data do século XIX e precisa actualizarse “para ofrecer uns servizos públicos máis eficientes”

24/11/21 | 17:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello de Arbo

No que vai de ano, a Policía Autonómica leva investigadas a 33 persoas como presuntas autoras de incendios forestais

24/11/21 | 15:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia do papel dos GES no sistema de atención ás emerxencias

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe aos efectivos do GES de Cervo que atende as incidencias deste concello e das de Alfoz, Foz, O Valadouro, Burela e Xove

24/11/21 | 15:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de Cartelle na recuperación da área recreativa da feira

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto,visitou a área recreativa na contorna da fonte da Feira que contou cunha axuda de 32.000 euros