Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

01/12/21 | 19:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta promove con Fegatur catro 'fam trips' para reactivar o turismo rural arredor das rutas xacobeas

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, participaron hoxe nun encontro de traballo entre casas de turismo rural e axencias de viaxe

01/12/21 | 15:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o Concello de Trazo colaborarán na mellora da rede de augas pluviais no núcleo do Castelo

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, e a alcaldesa de Trazo, Josefina Suárez visitaron a zona na que se vai a levar a cabo a obra

01/12/21 | 15:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta asesora ás pemes da comarca de Chantada para que aproveiten as oportunidades que achega a innovación

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou nun encontro con empresariado local organizado no marco da iniciativa Camiño da Innovación, que busca dinamizar os negocios dos municipios rurais

01/12/21 | 13:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o proxecto do Concello de Ribeira para optar aos fondos dos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na presentación dunha iniciativa que pretende a rexeneración e a posta en valor da contorna litoral do municipio abrindo Ribeira ao mar

30/11/21 | 18:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola colaboración con Corea do Sur para seguir a promover o Camiño de Santiago en Asia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a comisaria do Xacobeo 21-22, Cecilia Pereira, mantiveron un encontro cunha delegación deste país asiático, o primeiro mercado emisor de peregrinos asiáticos

30/11/21 | 15:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor participou na inauguración do obradoiro de emprego de Camariñas, Muxía e Vimianzo no que se formarán a 20 desempregados en conservación de montes e albanelería

O representante do Goberno autonómico animou ás mozas e mozos a aproveitar esta formación, adaptada ás necesidades das empresas da contorna, para poder atopar un emprego

30/11/21 | 15:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Xunta e TSXG visitan as obras da Cidade da Xustiza que xa entran na recta final

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda destacou que con esta obra está a piques de culminar o Plan de Infraestruturas Xudiciais, posto en marcha polo Goberno galego, dotado con máis de 118M€

30/11/21 | 13:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de Pontecesures na mellora do parque infantil Vicente Moure

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe os traballos financiados no marco da Orde de Infraestruturas de uso público cunha axuda de preto de 34.000 euros