Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

07/12/21 | 13:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego

Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de ata 8 metros e vento de compoñente oeste a noroeste no noroeste de A Coruña e Lugo

07/12/21 | 12:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López anuncia o remate das obras do Centro Cultural e Turístico 'Antonio Fraguas' de Carballedo para este mes de decembro

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, acompañado do alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, supervisa a fase final dos traballos de rehabilitación do antigo inmoble do cine-baile da capital municipal

06/12/21 | 17:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para mañá unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias de A Coruña e Lugo

Agárdase vento do oeste forza 8 no litoral da Coruña e mar combinada do noroeste con ondas de 5 a 6 metros na costa de Lugo

05/12/21 | 08:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa o convenio con Farmamundi para a posta en marcha dunha intervención de emerxencia para atención á poboación da Franxa de Gaza

A intervención de resposta de resposta humanitaria proposta é froito do proceso de diagnóstico realizado por Labour Resources Center (socio local de Farmamundi na zona) e ten como obxectivo específico atender as necesidades nutricionais máis inmediatas da poboación gazatí

04/12/21 | 13:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias de A Coruña e Lugo

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese

04/12/21 | 13:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colaborará na programación do Concello de Cee para conmemorar desde maio de 2022 o seu Ano Xubilar

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu esta semana á alcaldesa Margarita Lamela, á que lle trasladou que esta conmemoración suporá unha oportunidade para atraer a turistas e a peregrinos que realizan o Camiño de Fisterra-Muxía no segundo ano do Xacobeo 21-22

03/12/21 | 20:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A directora xeral de Administración Local recibe a distinción “Milagrosista do ano 2021”

Natalia Prieto agradeceu o recoñecemento e destacou o compromiso da Xunta co movemento veciñal polo seu importante papel para dinamizar a vida local e contribuír ao benestar da cidadanía

03/12/21 | 16:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lamenta que as Deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo bloqueasen as melloras na atención das emerxencias que si se aplicarán en Ourense

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, mantivo hoxe un encontro con representantes das tres deputacións provinciais e da FEGAMP, no que decidiron renovar por un ano o convenio vixente sen aplicar as melloras

03/12/21 | 14:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O programa da Xunta 'O Teu Xacobeo' apoiou case un centenar de proxectos na provincia de Lugo con achegas por valor de 1,1 M€

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, destacaron que a iniciativa para descentralizar a celebración do Xacobeo 21-22 tivo repercusión en máis de 40 concellos lucenses

03/12/21 | 13:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta acorda co Goberno central adiantar parte dos fondos europeos para a modernización da administración da xustiza

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, participou hoxe na conferencia sectorial entre o Ministerio de Xustiza e as comunidades autónomas