Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

09/12/21 | 14:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis de 70.000 euros á mellora do abastecemento e sistema de depuración de augas residuais do Concello de San Amaro

O delegado territorial explicou que na provincia de Ourense 67 concellos percibirán 95 axudas destinadas a mellorar estes servizos de competencia municipal

09/12/21 | 14:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o Concello colaboran na renovación do pavillón municipal de Lousame cun investimento de máis de 49.800€

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, supervisou o resultado das obras que tiveron un orzamento total de 49.800 euros e contaron cunha axuda do Goberno galego de 40.000 euros

09/12/21 | 13:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta asina un convenio co Concello de Toén para a renovación do alumeado público exterior

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, achegouse hoxe ao municipio ourensán no que se renovou a instalación eléctrica cunha aportación de 47.000 euros da Administración galega

09/12/21 | 11:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achega 40.000 a 11 concellos lucenses para instalar caudalímetros e fomentar o uso responsable dos recursos hídricos

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que as axudas cubriron o 100% do investimento en máis da metade dos casos

08/12/21 | 12:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia a construción dunha senda peonil na contorna do Camiño Francés en Renche, no concello de Samos

O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, explica que a Axencia de Turismo de Galicia destina 14.500 euros a acondicionar o paseo e dotalo de iluminación con cargo á orde de axudas de Infraestrutura Turística

08/12/21 | 12:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Bono eléctrico da Xunta tivo este ano en Lugo 618 beneficiarios que percibiron 204.000 euros en axudas

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que a medida ten por obxecto evitar os cortes de subministración nos fogares con máis dificultades

07/12/21 | 18:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta contribúe á ampliación e actualización tecnolóxica da biblioteca municipal de Rodeiro

Román Rodríguez refírese ao compromiso do Goberno autonómico por “impulsar as infraestruturas culturais do rural para garantir o acceso á cultura a todos os galegos”

07/12/21 | 14:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia con preto de 500.000 euros programas de inclusión social nos concellos da área territorial de Vigo

Con esta achega, as administracións locais poderán levar a cabo programas que permitan a adquisición de formación básica ou laboral, a realización de actuacións de mediación intercultural ou programas de educación e apoio familiar

07/12/21 | 14:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia con case 1,3 millóns de euros programas de inclusión social de 18 concellos da provincia de Ourense

Con esta achega, as administracións locais poderán levar a cabo programas que permitan a adquisición de formación básica ou laboral, a realización de actuacións de mediación intercultural ou programas de educación e apoio familiar

07/12/21 | 14:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o impulso do turismo activo para consolidar Galicia como destino de natureza e deporte

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe un convenio coa Asociación Galega de Empresas de Turismo Activo, Aventura e Natureza (AGETAN) para colaborar cunha achega de case 150.000 euros no impulso das actividades desta oferta turística