Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

10/12/21 | 13:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta sinala o potencial dos cruceiros costeiros para posicionar Galicia como destino náutico

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe con representantes da Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN+) na presentación online dos novos minicruceiros costeiros previstos para 2022 na ría de Ares-Betanzos e nos embalses de Castrelo de Miño e Frieira

10/12/21 | 11:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor informou que na comarca da Coruña se están impartindo 163 cursos AFD para formar a 2040 alumnos cun investimento de máis de 6,1M€

O delegado da Xunta visitou aos alumnos que se están formando no grupo de División Galega de Xestión Comercial que este ano contou coa adxudicación de tres cursos e cun investimento de máis de 115.000 euros

10/12/21 | 11:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Bono Turístico inxectou máis de 583.500 euros nesta ponte festiva con máis de 3.000 operacións

As cifras amosan que é posible desfrutar do turismo con sentidiño e cumprindo tódalas medidas de prevención ante a covid

10/12/21 | 10:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias convida aos centros escolares da área territorial de Vigo a seguir o exemplo do CEIP da Cruz de Nigrán, galardoado no concurso ‘Pilabot‘

A delegada territorial da Xunta en Vigo subliñou o compromiso coa reciclaxe dos escolares galegos ao recuperar 59 toneladas de pilas no marco desta iniciativa

09/12/21 | 18:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia defende a necesidade de ampliar as liñas de cooperación cos veciños do sur do Mediterráneo e fai balance en Roma da súa cooperación con Libia

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, destaca a contribución galega á cooperación coas cidades libias no marco da Iniciativa Nicosia do Comité Europeo das Rexións

09/12/21 | 16:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o crecemento turístico do xeodestino Deza-Tabeirós coa implantación de sellos de calidade e accións de promoción exterior

O delegado territorial, Luis López, informa do convenio entre Turismo de Galicia e o GDR Terras de Pontevedra Norte xunto ao seu presidente e alcalde de Lalín, José Crespo, nunha visita á Casa con Encanto O Refuxio de Merza

09/12/21 | 16:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inicia os contactos para planificar o traslado dos órganos xudiciais á Cidade da Xustiza de Vigo

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantiveron hoxe un encontro para abordar o traslado das sedes actuais ao novo edificio xudicial

09/12/21 | 14:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia rexistrou durante esta ponte unha ocupación media de ata un 80% en hoteis, spas e turismo rural

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, destacou a ocupación por riba do 90% nos hoteis de 4 estrelas ou superiores, así como nos que ofertan spa ou similares, ademais do turismo rural, no que algúns establecementos da provincia de Ourense acadaron o 100%

09/12/21 | 14:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A gratuidade das escolas infantís beneficiará a máis de 3500 nenas e nenos de Lugo dende o vindeiro curso

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, explica que a medida suporá un investimento de máis de 3,1 millóns de euros na provincia