Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

17/12/21 | 14:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o éxito de “O teu Xacobeo” para fomentar a participación da cidadanía na celebración deste Ano Santo dobre

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na presentación do proxecto “A memoria dos peregrinos II” da Fundación Jacobea, unha das 572 iniciativas beneficiarias do programa

17/12/21 | 14:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta publica a orde que mellora a selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario na Administración de xustiza

A modificación da Orde do 4 de outubro de 2018 mellora aspectos como a igualdade de trato e de oportunidades entre homes e mulleres, a supresión do cesamento do persoal interino por falta de capacidade ou rendemento ou a flexibilización dos requisitos para o acceso a bolsas de traballo, entre outros aspectos

17/12/21 | 14:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia as accións de innovación para o deseño de novos produtos de iluminación da empresa SETGA de Pontevedra

O delegado territorial, Luis López, informa da resolución do programa Deseña Peme da Axencia Galega de Innovación (Gain) nunha visita a esta empresa pontevedresa, que pretende crear un novo farol con tecnoloxía Led para mellorar os actuais modelos urbanos

17/12/21 | 11:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola creación dunha ruta fluvial no Miño para potenciar o río como destino turístico navegable

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, deu a coñecer en Salvaterra do Miño un proxecto incluído no Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), que conta cun orzamento de 1,1M€
 

17/12/21 | 11:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta ten en marcha o Plan de vialidade invernal con 100 profesionais e 6 centros operativos para garantir a seguridade nas vías lucenses

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que o dispositivo está activado entre os meses de novembro e abril para facilitar a mobilidade nos case 1.500 quilómetros de vías autonómicas da provincia cando a climatoloxía é desfavorable

17/12/21 | 09:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remata as obras de mellora da seguridade do Camiño Norte no cruce coa estrada LU-133 en Ribadeo

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou o resultado dos traballos, nos que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade investiu 22.000 euros

16/12/21 | 19:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o pulo experimentado polo turismo este outono grazas ao Camiño e ao Bono Turístico

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, explicou hoxe no Parlamento de Galicia para informar da evolución da tempada turística e a eficacia das medidas posta en marcha para a recuperación do sector

16/12/21 | 17:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias explica que a Xunta destinará 7,8M€ a programas de cooperación para o desenvolvemento no 2022

O delegado territorial de Lugo gabou o papel das Organizacións Non Gubernamentais que traballan neste eido durante a presentación da mostra De oficio defensoras

16/12/21 | 16:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta negocia un protocolo de colaboración coa rexión francesa de Nova-Aquitania

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, reuniuse hoxe co seu homólogo da rexión francesa de Nova-Aquitania, Jean-Michel Arrivé