Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

20/12/21 | 14:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias anuncia dúas novas vivendas na fachada marítima do Berbés, no número 39 desta rúa

A presidenta do CCVV e delegada territorial da Xunta en Vigo formalizou este luns o contrato de compravenda cos 12 propietarios do inmoble

20/12/21 | 13:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta renova a cuberta do centro de saúde de Irixoa cun investimento de máis de 18.000 euros

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, supervisou o resultado das obras de reforma da cuberta do edifcio e anunciou outro investimento de máis de 11.000 euros para a rehablitación da fachada lateral

20/12/21 | 12:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a colaboración coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps) para atender as urxencias derivadas da covid-19 nos campos de refuxiados

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, asinou hoxe coa ONGD unha addenda ao convenio de colaboración deste ano para incrementar o orzamento do acordo en 39.000 euros, o que suporá un investimento total de 139.000 euros

20/12/21 | 11:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora coa Universidade da Coruña na protección e promoción do patrimonio marítimo galego

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, participaron na presentación da web do Plan da Cultura Marítima que recollerá as liñas a seguir para preservar a riqueza marítima de Galicia e do libro Patrimonio Marítimo incluído nun proxecto financiado no marco de O Teu Xacobeo

19/12/21 | 13:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

'Acende o Xacobeo' amplíase a 52 edificios en toda Galicia para darlle a benvida ao Ano Santo en 2022

A Xunta reedita a exitosa iniciativa que serviu como conta atrás para a celebración do Xacobeo

19/12/21 | 10:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa o convenio con Farmamundi para a posta en marcha dunha intervención de emerxencia para a mellora da saúde das mulleres afectadas pola guerra en Etiopía

A intervención consiste na mellora do centro de saúde da cidade de Dessi, que se dotará do material necesario para atender ás mulleres embarazadas

18/12/21 | 13:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor a contribución das Asociacións de Amigos do Camiño na promoción das rutas xacobeas

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta mañá xunto coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, no “Foro Xacobeo de Asociacións Españolas de Amigos do Camiño de Santiago”
Alfonso Rueda destacou a dedicación destas entidades na protección dos trazados e o patrimonio das rutas, na acollida aos peregrinos a través de voluntarios e hospitaleiros, ademais da divulgación da cultura xacobea
A Xunta apoia a súa actividade con 520.000 euros investidos nos últimos 4 anos, 150.000 euros na última convocatoria deste 2021
O vicepresidente primeiro animou ás asociacións a invitar a camiñar a Galicia a peregrinos de todo o mundo en 2022, no segundo ano deste Xacobeo 21-22
 

17/12/21 | 20:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Camiño Inglés centrou o derradeiro encontro da I edición do Xacobeo Peregrinas que rematou hoxe en Ferrol

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, participaron nun encontro no que tamén se deron cita a presentadora Paula Vázquez, a gaiteira Susana Seivane e a artista Lara Lars

17/12/21 | 19:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta de Expurgación aproba a retirada de preto dun millón de expedientes xudiciais para desconxestionar as instalacións xudiciais

A maioría corresponden aos xulgados de Vigo, tendo en conta que a nova Cidade da Xustiza entrará en funcionamento no vindeiro ano

17/12/21 | 15:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta promove a degustación de menús de nadal escolares con produtos agroalimentarios galegos en Portas e Covelo

O delegado territorial, Luis López, supervisou esta iniciativa, enmarcada na rede Mercaproximidade, nunha visita ao CPI Domingo Fontán de Portas, que contou con 310 comensais, xunto ao alcalde, Ricardo Martínez, e o rexedor de Pontecesures, Juan Manuel Vidal