Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

22/12/21 | 12:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A actividade da Fundación Galicia Europa en 2022 centrarase na divulgación dos fondos europeos

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reúnese co padroado da fundación para abordar a estratexia da entidade de cara ao próximo ano

22/12/21 | 12:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias supervisa a instalación da marquesiña que dará forma á estación de autobuses intermodal de Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo constata que as obras avanzan a bo ritmo e que a estación se poñerá en servizo tan pronto estean completados os accesos por parte do Concello

22/12/21 | 12:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta renova o firme dos accesos ás instalacións de Cruz Vermella en Lugo desde a LU-530 no entorno da Ponte Vella do Rato

O delegado territorial, Javier Arias, destaca que o Goberno galego “segue a traballar na mellora das infraestruturas desta zona da cidade”

22/12/21 | 11:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon a disposición dos concellos o Plan de medidas antifraude para a correcta tramitación e uso dos fondos Next Generation

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, participou na xornada “A importancia dos plans antifraude nos concellos: da xestión dos fondos europeos á xestión do público”, organizada pola Fegamp

21/12/21 | 20:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

Xunta e Forzas de Seguridade acordan extremar a vixilancia no cumprimento das normas sanitarias nestes días de Nadal

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, mantiveron hoxe unha reunión por videoconferencia cos xefes das policías locais das principais cidades galegas e cos mandos policiais da Garda Civil, Policía Nacional e Policía Autonómica, para extremar os controis e incrementar os dispositivos para evitar infraccións

21/12/21 | 20:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A enogastronomía centrará o 2º Plan territorial co que Galicia se beneficiará de 31,7M€ de fondos europeos

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada da alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, participou na primeira xornada informativa para achegar as principais características que deberán incluír os proxectos que se inclúan no Plan Territorial de Enogastronomía, que se desenvolverá entre 2022 e 2025

21/12/21 | 12:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén louva o traballo altruísta dos voluntarios de Protección Civil a prol dos máis vulnerables

O delegado Gabriel Alén fixo entrega dos alimentos non perecedoiros recollidos ata o momento a través do servizo provincial de Emerxencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira, en colaboración con 40 agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) da provincia ourensá

20/12/21 | 18:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta organiza en Vigo un coloquio sobre os retos e as oportunidades da acción exterior galega

? O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, presentou hoxe na sede da Cámara de Comercio de Vigo un coloquio sobre o futuro da acción exterior galega
? A xornada forma parte dun ciclo de conferencias co que se pretende a dar a coñecer o contido da norma e, ao mesmo tempo, estimular a participación cidadá para definir as grandes liñas estratéxicas da acción exterior galega nos vindeiros anos
 

20/12/21 | 15:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Axentes da Policía Autonómica rescatan un falcón peregrino ferido cando patrullaban polo Camiño Portugués

A ave rapaz, sen anel e cunha á rota, foi trasladada ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Oleiros para a súa recuperación