Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

28/12/21 | 13:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Catedral de Santiago acollerá unha actuación de luz, cor e música para dar a benvida á segunda parte do Xacobeo

A fachada da Quintana iluminarase nun espectáculo de videomapping con efectos especiais 3D, cor e son e servirá para darlle a benvida ao segundo Ano Santo deste Xacobeo

28/12/21 | 13:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora coa asociación de veciños 8 de decembro de Soutomaior na reforma da súa sede na Casa do Pobo do Val-Sobral

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, as melloras levadas a cabo no revestimento e na pintura das fachadas, no pintado do pavimento e no acondicionamento da rampla de acceso

28/12/21 | 11:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía a 15 edificios da provincia de Lugo a iluminación ornamental de benvida ao Ano Santo 2022

O delegado territorial, Javier Arias, subliña o éxito da iniciativa “Acende o Xacobeo”, que reedita tamén por segundo ano o concurso fotográfico

27/12/21 | 13:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a ruta do percebe de Laxe como novo atractivo turístico dinamizador da economía local

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, percorreron parte do itinerario guiado que discorre polas principais zonas de extracción deste crustáceo

27/12/21 | 13:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Xunta destina preto de 5 millóns de euros para plans de mellora, incorporación de mozos á actividade agraria e pequenas explotacións na provincia de Ourense

O delegado territorial salientou que no caso dos investimentos en explotacións agrarias aprobáronse 81 solicitudes, cun importe 2.367.101 millóns de euros en Ourense

27/12/21 | 12:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia 54 programas de inclusión social en 13 concellos de Lugo, cun investimento de case 1 M€

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o obxectivo é posibilitar iniciativas locais de formación básica ou laboral, actuacións de mediación intercultural ou programas de educación e apoio familiar

26/12/21 | 20:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía o proxecto 'Acende o Xacobeo' iluminando ata o 7 de decembro 18 edificios emblemáticos na provincia da Coruña

O delegado da Xunta na Coruña participou no acendido que tivo lugar este domingo na Torre de Hércules

24/12/21 | 12:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O DOG publica hoxe a resolución de novas inclusións e actualización de méritos nas bolsas de interinos de habilitados nacionais

Publícase a relación refundida e actualizada das persoas integrantes das listas correspondentes ás subescalas de Secretaría-Intervención, Secretaría e Intervención-Tesourería

23/12/21 | 20:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía o acendido de monumentos do Camiño como arranque do Xacobeo 22, no que Galicia aspira a celebrar un Ano Santo pleno

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, participou na iluminación do Pazo de Mos cos motivos do Xacobeo, acto simbólico co que se escenificou a posta en marcha, por segundo ano consecutivo, da campaña #AcendeOXacobeo