Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

29/12/21 | 18:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Os locais de lecer nocturno que adianten a hoxe as festas de Fin de Ano non terán acceso ás axudas da Xunta pola cancelación do evento

Os titulares destes locais que opten polo peche dos seus establecementos en Fin de Ano deberán realizar unha comunicación previa á Xunta a través do enderezo electrónico pechelecernocturno@xunta.gal antes das 00,00 horas do día 31 de decembro

29/12/21 | 15:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 800.000 euros a mellorar as infraestruturas turísticas de 28 concellos rurais de Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que o obxectivo “é potenciar o turismo como factor de crecemento económico e de reequilibrio territorial”

29/12/21 | 15:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta traslada o seu apoio aos traballadores da planta láctea Tegestacín

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e a directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, mantiveron unha xuntanza co comité de empresa

29/12/21 | 15:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta negocia coas organizacións sindicais o proceso que mellora a selección e nomeamento de persoal interino na Administración de Xustiza

Trala mesa sectorial procederase á publicación da convocatoria de apertura da bolsa, onde os interesados poderán presentar as súas solicitudes

29/12/21 | 14:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina preto de 50.000 euros á pavimentación das rúas do núcleo de Nocedo, no concello dos Blancos

O delegado territorial sinalou que este tipo de actuacións teñen a finalidade de mellorar os equipamentos e dotacións dos pobos e vilas do rural, aumentando a variedade e elevando os niveis de servizos

29/12/21 | 13:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta retirou este ano máis de 14.600 niños de vespa velutina no marco do plan posto en marcha cos concellos

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, mantiveron hoxe unha reunión con representantes da empresa pública Seaga encargada da retirada dos niños e da central de chamadas do 012 para abordar a renovación da encomenda

29/12/21 | 11:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
28/12/21 | 23:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

Xunta e ocio nocturno chegan a un acordo sobre as medidas a adoptar ante a covid durante o Nadal

Os negocios de ocio nocturno poderán optar entre abrir do 30 de decembro ao 2 de xaneiro ou optar a unha liña de axudas con tramos en función dos metros do local

28/12/21 | 16:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola rehabilitación de catro antigas vivendas dos mestres da Lama para alugueiro social cun investimento de 144.000 €

O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde, Jorge Canda, supervisou esta mañá as dúas casas xa rematadas e visitou as obras de restauración doutras dúas emprazadas fronte á casa consistorial no vello bloque escolar da Avenida do Concello

28/12/21 | 15:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 737.000€ a construción dunha senda peonil na estrada PO-548 en Cordeiro, no concello de Valga

O delegado territorial, Luis López, anunciou a apertura da fase de contratación desta actuación nunha visita á zona coa alcalde, José María Bello, e outros representantes municipais