Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

03/01/22 | 12:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste máis de 67.000 euros na reforma da praza do centro sociocomunitario Isabel Zendal

Estes incentivos están pensados para os municipios de menos de 20.000 habitantes, para colaborar nos seus proxectos de humanización e frear o despoboamento, mellorando a calidade de vida dos veciños

03/01/22 | 12:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta concedeu en dez meses 443 axudas na provincia de Lugo para compensar os danos do lobo ao sector agrogandeiro

O delegado territorial, Javier Arias, explica que suman máis de 198.000 euros

03/01/22 | 12:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta concede 540.000 euros a 66 comerciantes e obradoiros artesanais da comarca da Coruña para impulsar a dixitalización e modernización dos seus negocios

Os apoios económicos da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa a Innovación diríxense ao desenvolvemento de actuacións, entre as que se inclúen implantación e actualización de páxinas web, mellora da imaxe dixital, introdución de ferramentas de marketing 4.0 e loxística dixital

01/01/22 | 13:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Camiño de Santiago supera tódalas expectativas e pecha o ano con case 180.000 Compostelas

A peregrinación nas rutas xacobeas consolidouse no primeiro ano do Xacobeo e as 140.000 Compostelas previstas para 2021 xa se acadaron o pasado setembro

01/01/22 | 12:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Unidade Operativa de drons da Axega foi alertada en máis de cen ocasións para a busca de persoas desaparecidas desde a súa creación

Desde o 2020, esta Unidade do Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias superou a vintena de alertas anuais, sendo o verán a época na que máis casos se rexistraron

31/12/21 | 19:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta dá a benvida á segunda parte deste Ano Santo dobre e invita a camiñar a Galicia en 2022

O gaiteiro Carlos Núñez actuou no acto videomusical “Camiña a Galicia.Feliz Xacobeo 2022” e presentou o espectáculo de vídeo mapping na fachada da Porta Santa con efectos especiais 3D, cor e son

30/12/21 | 15:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
30/12/21 | 15:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Xunta e forzas de seguridade controlarán que os locais de lecer nocturno que anunciaron o peche non abran entre esta noite e o 3 de xaneiro

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo, reuníronse con representantes das forzas e corpos de seguridade para coordinar o control das medidas de prevención

30/12/21 | 14:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello de Rodeiro no equipamento e nos gastos de xestión enerxética e ambiental

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, as melloras levadas a cabo na eficiencia enerxética dos núcleos de poboación municipal e no equipamento do servizo municipal de abastecemento de auga