Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

11/01/22 | 13:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta contribúe á renovación da sede da Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Cabral en Vigo

A delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, supervisou hoxe as melloras realizadas ao abeiro do Plan Específico de Acción Comunitaria e recordou que o orzamento incrementarase este ano un 20%, ata os 3 millóns de euros

11/01/22 | 11:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita por máis de 658.000 euros as obras para a execución da nova senda peonil na estrada AC-301 no concello de Rois

Esta intervención permitirá dar continuidade á beirarrúa existente desde o núcleo de Rois ata a rotonda das instalacións de Cortizo, en na que o Concello realizará tamén obras de mellora na citada glorieta

11/01/22 | 11:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 224.000 euros a incentivos para a compra de vehículos adaptados e de baixas emisións, dos que se beneficiaron 23 taxistas lucenses

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que está aberta unha nova convocatoria para os que se adquiran ata o 31 de outubro de 2022

10/01/22 | 15:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o concello da Lama rematan a humanización do Camiño das Cocheiras cun investimento de case 50.000€

O delegado territorial, Luis López, e o alcalde, Jorge Canda, supervisan a conclusión destes traballos, financiados pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ao abeiro da orde de axudas para a mellora de infraestruturas municipais

10/01/22 | 14:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor informou que na comarca de Bergantiños-Costa da Morte se están impartindo 42 cursos AFD para formar a 630 alumnos cun investimento de máis de 1,7M€

O delegado da Xunta visitou aos alumnos que se están formando en Cogami que este ano contou coa adxudicación dun curso cun investimento de máis de 35.400€

10/01/22 | 13:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta supervisa as actuacións que se están a desenvolver no obradoiro dual de emprego ‘Terras de Aguiar’

O delegado territorial destacou que este programa, no que a Consellería de Emprego e Igualdade inviste 346.946 euros, está a formar a 20 alumnos - traballadores nos módulos de operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización e actividades auxiliares en conservación e mellora de montes

10/01/22 | 13:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita por máis de 521.000 euros as obras para a execución da nova senda na estrada autonómica AC-214 no treito entre A Xira e Cambre

Esta intervención de fomento da mobilidade sostible e de mellora da seguridade viaria suporá un investimento da Xunta de máis de 585.000 euros, incluíndo o pagamento dos 15 predios necesarios para a súa materialización

10/01/22 | 12:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presentará a Galicia en Fitur como destino aberto ao turismo internacional da man do Xacobeo

Nun stand de máis de 1.000 metros cadrados confluirán os valores tradicionais da oferta turística galega coa imaxe dunha Galicia nova en constante transformación, co Camiño de Santiago como eixo central

10/01/22 | 12:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta informa aos veciños de Teis da primeira fase do proxecto de humanización da PO-323, entre o cruce coa Avenida da Mariña Española e o IES Leixa

Esta primeira fase suporá un investimento de preto de 1,7 millóns de euros no acondicionamento de 500 metros de vía, o que se completará a continuación coa segunda fase