Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

13/01/22 | 12:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta incrementa ata os 3M€ as axudas ás asociacións de veciños, mulleres rurais e comunidades de augas para mellorar a calidade de vida veciñal

As subvencións financian obras de mellora e equipamento, cun límite de 12.000 euros no primeiro caso e 5.000 no segundo

12/01/22 | 16:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investirá 3,5M€ na nova convocatoria da Orde de Infraestruturas de uso público destinada aos concellos

O delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, comprobou as melloras levadas a cabo o ano pasado ao abeiro desta orde en Trazo e Tordoia

12/01/22 | 15:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita as obras da depuradora de Queiruga, que contarán cun investimento de máis de 1,7 M€

O delegado da Xunta na Coruña e o alcalde de Porto do Son supervisaron a zona na que se vai a levar a cabo a construción da nova depuradora

12/01/22 | 14:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remata as obras de mellora integral da estrada LU-106, en Lugo, cun investimento de 250.000 euros

O delegado territorial, Javier Arias, comprobou o estado actual da vía, que une as parroquias de San Pedro de Romeán e Santa María de Bascuas coa LU-530

12/01/22 | 13:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O stand da Xunta en Fitur acollerá máis de medio cento de presentacións de produtos e destinos turísticos galegos

Nun stand de máis de 1.000 metros cadrados tamén haberá mostras de produtos enograstronómicos galegos e contará coa participación de profesionais e de persoal do Centro Superior de Hostelería de Galicia

12/01/22 | 13:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia lidera o II encontro do grupo de traballo de investigación, educación, universidades e innovación da Macrorrexión do Suroeste Europeo-Crusoe

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, inaugurou hoxe o II encontro do grupo de traballo da Macrorrexión do Suroeste Europeo (RESOE) e a Conferencia de Reitores das Universidades e Institutos Politécnicos do Suroeste Europeo (CRUSOE)

12/01/22 | 13:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta supervisa o remate das obras dunha senda peonil na estrada autonómica OU-195 ao seu paso por Pontedeva

Nesta intervención, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade investiu máis de 48.000 euros

11/01/22 | 17:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López garante o “máximo apoio” da Xunta a Protección Civil de Meis tras anunciarlle a concesión dun vehículo de emerxencias

O delegado territorial en Pontevedra visita a sede da agrupación para coñecer o seu funcionamento e necesidades e mantén un encontro con algúns dos seus 34 integrantes, aos que agradeceu o seu “traballo altruísta e desinteresado a prol da sociedade”

11/01/22 | 16:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica, en colaboración coa Unidade de Investigación de Incendios Forestais, esclarece un incendio no concello de Camariñas

Na investigación tomouse declaración ao presunto autor dun lume provocado polo lanzamento de artefactos pirotécnicos

11/01/22 | 13:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investirá 3,5M€ nunha nova convocatoria de axudas para financiar infraestruturas municipais

Os concellos galegos de menos de 30.000 habitantes teñen un mes de prazo para presentar as súas solicitudes