Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

20/01/22 | 17:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A feira Turexpo preséntase en Fitur como escaparate de Galicia e unha oportunidade para reactivar o sector

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o director da Fundación Semana Verde, Ricardo Durán, á presentación do salón turístico que se celebrará do 2 ao 5 de xuño no Recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA

20/01/22 | 17:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Alfonso Rueda asiste ao traspaso da coordinación da marca España Verde de Cantabria a Asturias

A alianza turística que agrupa as comunidades autónomas de Asturias, Cantabria, País Vasco e Galicia conta cunha proposta diferenciada co turismo activo e de natureza, a enogastronomía ou o Camiño de Santiago como eixos estratéxicos

20/01/22 | 16:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta invita a descubrir Galicia este ano nunha nova edición dos trens turísticos

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu á presentación dos 13 itinerarios que percorrerán en tren a comunidade entre xuño e outubro na súa novena edición e destacou o éxito desta experiencia turística segura pese á covid-19

20/01/22 | 15:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén sitúa a Ourense trala chegada do AVE como o nó do turismo de Galicia

O delegado territorial sinalou que a chegada do AVE supón un activo de valor incalculable para aproveitar ao máximo o potencial turístico do Xacobeo 21-22

20/01/22 | 15:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o potencial enogastronómico de Galicia para atraer turistas e reforzar a comunidade como destino de calidade

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, participaron na presentación de “Galicia sabe a estrelas” con recoñecidos chefs, onde destacaron a excelencia da cociña galega grazas á calidade dos produtos e a profesionalización do sector

20/01/22 | 14:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento, Congacode, aprobou o Plan anual 2022 da cooperación galega

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, presidiu a reunión, na que tamén se fixo balance do plan de 2021 que foi executado ao 100%

20/01/22 | 13:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a Galicia como referente do turismo deportivo e o reclamo que supón para promocionar a comunidade

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe nas presentacións do Real Club Celta e o Campionato do Mundo da Clase 6 metros de vela en Sanxenxo

19/01/22 | 19:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o turismo sostible e de calidade vencellado ao Camiño e ao Xacobeo da marca Mar de Santiago

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou na presentación deste produto turístico que promoven os concellos de Vilanova de Arousa, Valga, Catoira e Pontecesures a través dunha ruta fluvial que recrea a Traslatio do Apostólo Santiago

19/01/22 | 18:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor aposta en Fitur por seguir potenciando a ruta "A Orixe" como un produto turístico de calidade baseado no Xacobeo, a natureza e no contacto coa poboación local

O delegado territorial da Xunta participou na presentación de “Barbanza Arousa, experiencias na Orixe da tradición xacobea”, organizada polo xeodestino Barbanza- Arousa