Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

24/01/22 | 15:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén pon en valor as axudas da Xunta para corrixir os impactos paisaxísticos, que o ano pasado beneficiaron a 20 concellos e 90 particulares

Na provincia de Ourense, 20 concellos resultaron beneficiarios por un importe total de 248.008,12 euros e as axudas a particulares foron 90 por un importe de 228.923,06 euros

24/01/22 | 13:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López traslada á Federación Provincial de Comercio, Turismo e Mercados o “apoio absoluto” da Xunta ao comercio de proximidade

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra mantén un encontro de traballo co secretario xeral da entidade, Enrique Núñez, para abordar as perspectivas e as necesidades do sector para o presente ano

24/01/22 | 12:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias supervisa as obras de acondicionamento do novo Centro de Formación e Recursos do Profesorado

A decisión do Concello de expulsar aos docentes do Instituto Municipal de Educación que ocupaban desde hai máis de 30 anos, obrigou á Xunta a buscar unha alternativa

24/01/22 | 12:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achega case medio millón de euros a 138 obras particulares e de concellos para corrixir impactos paisaxísticos na provincia de Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, explica que xa están convocadas novas axudas para mellorar a imaxe exterior de vivendas e equipamentos, tanto privados como municipais

23/01/22 | 11:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Programa Iacobus pecha o prazo de presentación de candidaturas con máis de 300 propostas

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal recibiu 231 solicitudes á 9ª edición do programa para estadías de investigación, ás que se suman outras 74 á 4ª convocatoria do IACOBUS Papers para publicacións científicas

22/01/22 | 11:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O stand de Galicia en Fitur recibe o premio como mellor expositor das comunidades autónomas

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, recolleu onte o galardón na última xornada da Feira Internacional de Turismo

21/01/22 | 19:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Xacobeo recibe o premio da revista Aire Libre como mellor iniciativa comprometida coa sustentabilidade

Comparte o recoñecemento con La Palma, concello de Madrid, Turespaña, Mallorca e Xapón e Global Mobility Call

21/01/22 | 16:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor destaca o gran avance que supón para a mancomunidade de Ordes o seu recoñecemento como xeodestino propio

O delegado territorial da Xunta participou na presentación de “Terras de Ordes novo xeodestino”, organizada pola mancomunidade de Ordes

21/01/22 | 16:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa a Travesía Náutica Xacobea como modelo de turismo seguro, sostible e de calidade

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou na presentación de “O Camiño por mar. Travesía náutica xacobea”, unha iniciativa que permitirá realizar por mar parte da ruta que segundo a tradición fixeron os restos do Apóstolo, partindo de Andalucía e pasando por Portugal