Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

27/01/22 | 14:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia avoga en Bruxelas polo establecemento dun marco de transición xusta para o sector do automóbil

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia no 148º pleno do Comité Europeo das Rexións (CdR) no que se debateu sobre as novas propostas europeas en materia de descarbonización do transporte coa comisaria do ramo, Adina Valean

27/01/22 | 14:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora no funcionamento e no reforzo do equipamento do GES de A Veiga

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou aos efectivos deste grupo creado o ano pasado na provincia de Ourense xunto co de Maceda

27/01/22 | 13:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Parque Nacional das Illas Atlánticas estrea web e incorpora unha webcam con visión á cara norte das Cíes

A delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe o arquipélago para preparar as actividades que ofrecerán este ano desde este espazo natural

26/01/22 | 15:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e Deputación de Ourense avanzan no cambio de modelo de xestión para os catro parques comarcais de bombeiros da provincia

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a directora xeral de Administración local, Natalia Prieto, participaron na reunión na que se informou sobre a elaboración do informe da comisión de estudo técnico-xurídica encargada de redactar a memoria sobre o cambio de modelo de xestión do servizo

26/01/22 | 14:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia ao Concello de Bóveda na posta en servizo dun punto limpo móbil cunha axuda de 57.000 euros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o Goberno galego concedeu achegas por valor total de 1,1 M€ nos dous últimos anos para mellorar a xestión de residuos en 31 municipios da provincia

26/01/22 | 13:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Plan Camiña e o Plan Xacobeo Next Generation permitirán inxectar 85,8 M€ no turismo para avanzar na consolidación do sector en pleno Ano Santo

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, salientou no Foro Finisterrae a importancia dos fondos europeos para que o 2022 sexa “o ano grande de Galicia” da man do Xacobeo

26/01/22 | 13:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remata a rehabilitación integral do CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia cun investimento de 842.000€

O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde, David Castro, supervisa a completa modernización do colexio, que incluiu actuacións en fachadas, cubertas, carpintarias exteriores, fiestras, instalacións, iluminación e illamento dos seus tres edificios

26/01/22 | 11:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina aos clubs deportivos do sur lucense 108.000 euros para a súa reactivación, a compra de equipamento e a loita contra a pandemia

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Secretaría Xeral para o Deporte distribuíu 55 axudas directas nas comarcas de Chantada, Quiroga e Lemos

25/01/22 | 18:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mantén o seu compromiso coa dotación de equipamento e a formación das Agrupacións de Protección Civil

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, reuniuse hoxe cos responsables das catro asociacións provinciais de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Galicia