Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

31/01/22 | 12:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o equipo de ciclismo feminino Team Farto e aposta polo turismo deportivo e de natureza

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu á presentación da aliñación do primeiro equipo ciclista profesional feminino de Galicia, que neste 2022 competirá por segundo ano consecutivo na división profesional europea UCI Continental

28/01/22 | 14:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mellora a imaxe do Camiño Inglés ao seu paso por Oroso coa instalación de novo mobiliario urbán

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada polo alcalde e parte da corporación municipal, visitaron os traballos executados ao abeiro das axudas de 2021 para o embelecemento do Camiño

28/01/22 | 14:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta incrementa en máis de 65.000€ o orzamento para a financiación de servizos sociais comunitarios nos concellos da Pobra, Ribeira e Porto do Son

Estas axudas están orientadas na súa maioría á contratación de persoal así como ao financiamento do SAF básico, ao funcionamento das escolas infantís municipais e a programas socio comunitario

28/01/22 | 13:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Os fondos europeos abren sinerxías de cooperación entre a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e os empresarios galegos

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, animou a aproveitar as posibilidades dos fondos europeos para mellorar a competitividade das empresas e investir en accións que redunden na mellora das condicións de vida dos cidadáns da Eurorrexión

28/01/22 | 13:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta da luz verde á realización dunha enquisa para coñecer a percepción da cidadanía sobre as fusións municipais

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, presidiu hoxe unha nova reunión da comisión de seguimento do convenio entre a Xunta e a Fundación Juana de Vega para o estudo da planta local galega e o impulso de novas fusións municipais, no que se enmarca esta enquisa

28/01/22 | 12:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Nava Castro destaca o alto impacto da promoción do Xacobeo 21-22 no ámbito nacional e internacional

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, compareceu no Parlamento de Galicia par dar conta dun primeiro balance das accións e iniciativas promocionais levadas adiante en 2021 para darlle visibilidade á celebración do Ano Santo

28/01/22 | 12:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta despide á 13ª promoción de Policía Local formada na AGASP e xa puxo en marcha o proceso selectivo da seguinte

Os 98 alumnos da 13ª promoción remataron en decembro a súa formación teórica na Academia Galega de Seguridade Pública e realizaron este mes a parte práctica antes de incorporarse o próximo martes como funcionarios de carreira aos seus concellos

27/01/22 | 20:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor o traballo da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para impulsar medidas de cooperación que melloren a vida da cidadanía

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, participou en Ponte da Barca (Portugal) na conferencia “Cooperación transfronteiriza: unha axenda de futuro”, onde animou a empregar os fondos europeos para facer unha Eurorrexión “máis competitiva, conectada e verde”

27/01/22 | 16:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia o nomeamento de Martina Aneiros como delegada territorial en Ferrol e incide no compromiso da Xunta coa comarca tras investir máis de 80 M€ en 2021

Anuncia que Ferrol Vello será a sexta Área Rexurbe da Comunidade con máis de 105.000 metros cadrados de superficie, 269 edificios e algo máis de 1.000 vivendas

27/01/22 | 15:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de Vilamarín na mellora da eficiencia enerxética da iluminación dos baixos do consistorio, da escola infantil, da Casa da Cultura e do velorio

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, comprobou as melloras realizadas nestas instalacións municipais no marco do Fondo de Compensación Ambiental