Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Diego Calvo invita os madrileños a camiñar a Galicia na recta final deste Xacobeo 21-22
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou xunto co director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano, na presentación do libro ‘El puerto de La Coruña en el Camino Inglés a Santiago de Compostela’, de Alfonso García López
A Xunta inicia a investigación da propiedade dos núcleos rurais de Brandariz, no concello de Vila de Cruces, para incluílos na concentración parcelaria
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, comunicou este avance, que permitirá engadir 336 hectáreas distribuídas nunhas 400 parcelas, nunha reunión informativa cos propietarios beneficiarios celebrada esta mañá no teleclube de Brandomés
A Xunta destina máis de 425.000 euros ás obras de substitución de cubertas do IES Camilo José Cela de Padrón
Trenor visitou o centro para anunciar a licitación desta actuación moi necesaria para poder mellorar a comodidade e a eficiencia enerxética do instituto
A Xunta agradece aos galegos en Lleida a súa implicación a prol da galeguidade e defende no seu centro a actualidade e o futuro de Galicia como terra de oportunidades
A directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Blanca García-Señoráns puxo en valor o apoio do Goberno galego ao retorno dos galegos no exterior e tamén ás actividades dos centros galegos noutras comunidades e noutros países
Fernández-Tapias destaca as 70 iniciativas do programa “O Teu Xacobeo” que mobilizaron máis de 2,3 M€ na cidade de Vigo
A delegada territorial da Xunta salienta a “transversalidade” das actuacións que permitiu acadar o obxectivo descentralizador
“Permitiunos diversificar, entre moitos colectivos, o impacto do Camiño e o valor do Ano Santo”, sinalou
A Xunta participa na presentación da proba ciclista O Gran Camiño 23 que terá lugar en Galicia o vindeiro mes de febreiro
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participaron na presentación da proba que terá lugar en Galicia o vindeiro mes de febreiro
Patrimonio Cultural autoriza ao Concello de Vigo a humanización da Praza de San Mauro en Matamá
A Dirección Xeral comunica ao Concello de Vigo o seu informe favorable á actuación na parroquia con varias condicionantes sobre o documento municipal presentado
A Xunta celebra o aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade cunha programación cultural na Praza Maior
Será o día 30, con actuacións de música, danza e maxia, unha mostra fotográfica e a presentación dun xogo de realidade virtual patrocinado polo Goberno galego