Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

03/02/22 | 15:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia defende unha xestión forestal activa e sostible para loitar contra o despoboamento e as catástrofes ambientais

Na Comisión NAT do Comité Europeo das Rexións abordouse hoxe a preparación da opinión das rexións e municipios europeos sobre a nova Estratexia Forestal Europea

03/02/22 | 15:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta facilitou case 80 axudas, máis de 341.000 euros, para corrixir impactos paisaxísticos nunha decena de concellos da área de Santiago

Gonzalo Trenor recorda que o Goberno galego lanzou a segunda convocatoria deste programa de incentivos, que no 2022 conta cun orzamento global de 2 millóns de euros

03/02/22 | 14:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

Gabriel Alén salienta o orzamento de máis 8 millóns de euros das novas axudas da Xunta aos parques empresariais

O delegado territorial lembrou que a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación destinou preto de 115.000 euros para a mellora da súa infraestrutura viaria e 78.511 euros para a captación de auga do depósito contra incendios

03/02/22 | 14:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o interese da Feira Enerxétika 2022 como punto de encontro do sector e foro de debate sobre o futuro das enerxías

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor o evento que se inaugurou hoxe no recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda, por ser o único do noroeste peninsular que engloba a todos os sectores representados no eido das enerxías

03/02/22 | 13:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina preto de 50.000 euros para a instalación dunha rede de luz pública eficiente e unha pista de skatekart no concello de Mos

A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias e a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobaron hoxe as melloras levadas a cabo o ano pasado ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público

02/02/22 | 20:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta de Galicia destina ao deporte da comarca da Coruña máis de 1,5 millóns de euros para a loita contra a pandemia e para a súa reactivación


Gonzalo Trenor reuniuse cos representantes da escola de ximnasia Acordes de Oleiros para informar do apoio da Secretaría Xeral para o Deporte á actividade deportiva para favorecer a súa reactivación o ano pasado

02/02/22 | 15:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica comisa 38 quilos de percebe nun dispositivo en Vigo

Foi identificada unha persoa contra a que se levantou unha acta de infracción e a mercadoría intervida repartiuse entre centros benéficos do Concello de Vigo

02/02/22 | 14:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta valora a cooperación transfronteiriza con Portugal como piar de desenvolvemento turístico

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na apertura oficial da nova oficina de información e turismo de Tui

02/02/22 | 13:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o apoio do grupo de apoio loxístico da Axega en apoio na xestión das emerxencias coa súa participación en máis de 500 dispositivos

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva detallou a colaboración do grupo en emerxencias relacionadas coa busca de persoas desaparecidas, a extinción de incendios, as inundacións ou os grandes eventos