Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

07/02/22 | 13:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta acomete a mellora de pistas interiores en Mougás, no concello de Oia, cun investimento de 52.000€

O delegado territorial, Luis López, e a alcaldesa, Cristina Correa, supervisaron esta actuación, que consistíu no acondicionamento e a reposición do firme no Camiño do Cabezo e a vía de Fabas ao longo de máis de 4.500 m² de superficie

07/02/22 | 12:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destinará 2M€ á orde de axudas para mellorar as infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e restauración

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe o hotel La Noyesa do Grove, un dos negocios beneficiarios o ano pasado desta liña de axudas

07/02/22 | 12:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste case 350.000 euros no obradoiro de emprego Ricra V, que mellora espazos públicos de Pantón, Sober e O Saviñao

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destaca que o Goberno galego impulsa diferentes medidas para incentivar a xeración de postos de traballo nos concellos

04/02/22 | 13:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o Concello de Noia con achegas para a mellora enerxética e eliminación de gas radón na casa consistorial

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou as obras levadas a cabo ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental cunha achega de preto de 30.000 euros

04/02/22 | 13:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convocará unha nova edición de 'O teu Xacobeo' para impulsar en toda Galicia proxectos relacionados co Ano Santo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe en Ferrol que está prevista a publicación a finais de mes da terceira convocatoria á que o Goberno galego destinará 1,5M€

03/02/22 | 20:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello de Vilanova de Arousa na reforma dun local para o seu uso polas forzas de seguridade

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe o edificio que se destinará ás dependencias da Garda Civil e no que o Goberno galego investiu 48.000 euros para a súa reforma

03/02/22 | 18:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a dotación de equipamento do GES da Estrada coa entrega dun vehículo todoterreo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega hoxe do vehículo co fin de atender ás emerxencias e operativos, así como prestar colaboración aos concellos limítrofes