Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

11/02/22 | 10:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias clausura as xornadas de discapacidade organizadas conxuntamente polo Colexio de Avogados de Vigo e a fiscalía da área

A delegada territorial da Xunta en Vigo destacou o esforzo da Administración autonómica “para ofrecer máis oportunidades ás persoas con discapacidade con medidas que contribuíron á verdadeira inclusión de este colectivo na sociedade”

10/02/22 | 19:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avanza na coordinación da colaboración coa Asociación Provincial de Protección Civil da Coruña

O Goberno galego leva investidos máis de 15 M€ nas 234 agrupacións da comunidade, entre os 11 M€ para reforzar o seu equipamento e os máis de 4 M€ para colaborar nos seus gastos de funcionamento

10/02/22 | 19:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta colabora coa comunidade de usuarios de Augas de Cebreiro, na Cañiza, para a mellora da rede e a instalación de contadores en 59 vivendas

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe as obras realizadas ao abeiro da orde de axudas destinadas ás asociacións de veciños e de mulleres rurais e ás comunidades de usuarios de augas de Galicia

10/02/22 | 15:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor anima aos alcaldes da comarca de Santiago a solicitar as axudas de máis de 8 millóns de euros para a mellora dos parques empresariais

O representante do Goberno autonómico destacou que o Concello de Melide contou cunha axuda de máis de 70.000 euros para levar a cabo a reposición dos viais do parque empresarial da Madanela

10/02/22 | 14:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a Mancomunidade de Montes de Vigo colaboran na repoboación forestal a través dun obradoiro de emprego

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou o obradoiro forestal organizado pola Mancomunidade de Montes de Vigo e financiado polo Executivo autonómico con máis de 208.000 euros

10/02/22 | 14:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Plan Camiña mantén a aposta pola modernización de aloxamentos e restaurantes na liña das axudas que no 2021 beneficiaron a 18 establecementos ourensáns

A directora de Turismo de Galicia visitou hoxe un dos establecementos que se beneficiaron da convocatoria do ano pasado dunha liña de axudas que ten como obxectivo reforzar a imaxe de Galicia como destino seguro e de calidade cunha oferta competitiva

10/02/22 | 14:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a eficacia da Eurocidade Tui-Valença para optimizar recursos e servizos en favor da veciñanza aos dous lados da fronteira

Con motivo do 10º aniversario da Eurocidade Tui-Valença, o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor os logros acadados neste decenio e animou a seguir traballando polos intereses comúns da cidadanía á beira do Miño

09/02/22 | 14:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reclama ampliar as desgravacións ao Xacobeo para facer dos patrocinadores “embaixadores dos seus valores”

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, instou hoxe no Parlamento de Galicia a que o Goberno central deixe de discriminar o Xacobeo fronte a eventos doutras CCAA nos que a desgravación fiscal superou o período de celebración do mesmo

09/02/22 | 13:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A delegación territorial da Xunta en Ourense completa as melloras de accesibilidade á sede administrativa da rúa da Habana, 79 coa instalación dunha plataforma elevadora vertical

O delegado territorial significou que con esta actuación, que supuxo un investimento 41.027,89 euros, mellórase a accesibilidade de persoas con mobilidade reducida ou que comparezan con carriños de crianzas ao edificio

09/02/22 | 13:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis de 320 aspirantes participan nas probas físicas do proceso selectivo para acceder ao corpo de Policía Local

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe aos convocados que desde hoxe ata o venres realizan o terceiro exercicio do proceso selectivo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra