Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

23/02/22 | 16:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa a eficiencia enerxética nos edificios municipais de Portas co Fondo de Compensación Ambiental

O delegado territorial, Luis López, acompañado polo alcalde, Ricardo Martínez, supervisou esta actuación, consistente nunha instalación fotovoltaica no consistorio, o centro de saúde e a biblioteca cunha achega de 30.000€ desta orde da Xunta

23/02/22 | 15:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achegou preto de 130.000 euros en catro anos para mellorar a accesibilidade da fervenza do Ézaro

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, comprobou os traballos de eliminación das barreiras arquitectónicas levados adiante na fervenza para a que o Goberno galego achegou o ano pasado case 30.000 euros

23/02/22 | 14:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta anuncia a retirada da obrigatoriedade de solicitar o certificado covid no sector da hostalería

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, comunicaron hoxe nun encontro con representantes da hostalería que tampouco será preciso o rexistro de usuarios e explicaron que se amplían os límites de comensais por mesa ata un máximo de 10 no interior e 20 no exterior

23/02/22 | 14:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Aberto o prazo de inscrición para participar na 2ª edición da aceleradora de proxectos turísticos da Xunta

O emprendemento innovador poderá optar á segunda edición deste programa de formación e mentorización do Goberno galego, que se desenvolverá entre abril e decembro

23/02/22 | 13:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias fixa na formación a aposta estratéxica da Xunta, con 9 programas integrados de emprego na área territorial de Vigo

A delegada territorial da Xunta referendou o compromiso do Goberno galego “coa mellora da capacitación dos desempregados, da competitividade empresarial e a creación de emprego estable e de calidade”

22/02/22 | 18:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Vigo Porté regresa baixo o paraugas do Xacobeo 21-22 no 10º aniversario do Trofeo de Baile Internacional

A delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, e a directora do certame, Lorena López, presentaron hoxe o lanzamento da décima edición na escola Unidance

22/02/22 | 15:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investiu máis de 370.000€ na mellora das infraestruturas turísticas de 13 concellos da comarca de Santiago

A Xunta ten aberta as axudas para o 2022 para Concellos para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas coas que o Goberno galego avoga pola consolidación do turismo nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística

22/02/22 | 12:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoiou con máis de 100.000€ a mellora de 7 establecementos turísticos de aloxamento e restauración da comarca do Barbanza

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, visitou o camping Praia Ría de Arousa de, un dos negocios beneficiarios o ano pasado desta liña de axudas

22/02/22 | 11:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta anuncia a retirada de preto dun millón de expedientes para desconxestionar as instalacións xudiciais

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o acordo da Xunta de Expurgación coas relacións documentais que se retirarán, a maioría correspondentes aos xulgados de Vigo, tendo en conta a entrada en funcionamento da Cidade da Xustiza

21/02/22 | 15:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza o equipamento do GES da Veiga coa entrega dun equipo de excarceración

O Goberno galego xa dotou nos últimos meses a este grupo dun camión autobomba rural pesada e reafirma o seu compromiso no ámbito das emerxencias con case 20M€ investidos nos últimos anos en material cedido aos GES e aos servizos de Protección Civil da comunidade