Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

24/02/22 | 14:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mobilizará máis de 27 M€ na mellora de 12 BIC no marco do Plan Xacobeo Next Generation

O vicepresidente primeiro incide en que a Comunidade recibiu case o 40% dos fondos desta convocatoria aberta polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para rehabilitar o patrimonio histórico de uso turístico dos Camiños

24/02/22 | 13:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a recuperación no mes de xaneiro dos hoteis galegos que triplicaron o volume de viaxeiros con respecto ao ano pasado

Galicia rexistrou en xaneiro un total de 127.380 viaxeiros e 236.312 noites cunha estadía media de 1,9 noites nos seus establecementos hoteleiros

24/02/22 | 12:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta leva investidos case 15 M€ no funcionamento e equipamento das agrupacións de voluntarios de Protección Civil da Comunidade

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Bergondo

24/02/22 | 11:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén reúnese coa xerente de Galicia Calidade

Gabriel Alén e Ana Méndez mantiveron un encontro para tratar as principais liñas de traballo que se desenvolverán no presente ano para apoiar as empresas que contan con este selo de garantía

24/02/22 | 11:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego

Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de ata 7 metros

24/02/22 | 11:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta invistiu máis de 120.000 euros na mellora das beirarrúas do parque empresarial de Merelle en Ordes

Trenor animou aos alcaldes da comarca de Santiago a solicitar as axudas de máis de 8 millóns para a mellora dos parques empresariais

23/02/22 | 20:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta louva a aposta da Ruta do Viño do Ribeiro pola recuperación da figura dos arrieiros

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na estrea do documental “O Camiño do Viño. Historia dun arrieiro”, de Xoel Méndez, promovida en colaboración coa Xunta e a Denominación de Orixe do Ribeiro

23/02/22 | 18:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora coa asociación de veciños Baiuca do Concello de Teo cunha axuda para diversas melloras

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe, xunto co delegado territorial da Xunta na Coruña. Gonzalo Trenor, as melloras levadas a cabo a través das axudas do Goberno galego