Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

26/02/22 | 12:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destinou 70.000 € a habilitar en Trabada un punto limpo móbil para a recollida selectiva de residuos

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que o Goberno galego está a valorar as novas propostas recibidas ao abeiro da convocatoria deste ano para continuar estendendo este servizo

25/02/22 | 15:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca a colaboración entre a Xunta e as ONGs viguesas con apoios que suman máis de 3 millóns de euros

A delegada territorial da Xunta acompañou hoxe aos representantes destas entidades nun acto organizado por Vida Digna con motivo do Día Mundial das ONGs que se celebra este domingo

25/02/22 | 15:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O programa IACOBUS aproba 165 candidaturas da Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal

Aprobáronse 108 solicitudes para participar na 9ª edición do programa para estadías de investigación, ás que se suman outras 57 da 4ª convocatoria do IACOBUS Papers destinada a divulgación de publicacións científicas

25/02/22 | 12:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta prevé lanzar a mediados de marzo a nova convocatoria do Bono Turístico para reactivar o turismo galego na tempada baixa

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, explicou que o Goberno galego asumirá o 40% do importe das tarxetas, que poderán empregarse ata o 31 de decembro, a excepción dos meses de verán

25/02/22 | 11:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial visitou un viveiro de produción de planta hortícola no concello de Trasmiras

O delegado territorial salientou que no caso dos investimentos destinados aos mozos, 57 incorporáronse á actividade agraria grazas a subvencións totais da provincia de 2.315.000 euros

24/02/22 | 19:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias destaca a aposta da Xunta polo Camiño de Inverno neste Xacobeo, con investimentos por máis de 2 M€ no sur de lugo

O delegado territorial de Lugo comprobou as melloras executadas nun treito á altura de Rioseco, en Monforte de Lemos

24/02/22 | 17:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta promove a autoprotección mediante un xogo en liña destinado a alumnos de educación secundaria

Trátase dunha oferta lúdico-didáctica promovida pola Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), que chegará aos centros educativos de forma telemática, e cuxo obxectivo é formar e sensibilizar a mocidade sobre a importancia da prevención

24/02/22 | 17:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

A delegada territorial da Xunta en Vigo asiste á entrega de premios da primeira etapa de "O Gran Camiño" entre O Porriño e Vigo

Marta Fernández-Tapias fixo entrega do maillot amarelo a Magnus Cort Nielsen como líder da clasificación xeral

24/02/22 | 14:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destinará máis de 27 M€ ata 2025 para impulsar a capacitación dixital dos galegos

“Queremos formar en competencias dixitais a máis de 45.700 persoas nos vindeiros tres anos”, precisa o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda

24/02/22 | 14:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon á disposición do tecido produtivo 1,36 millóns de metros cadrados de solo urbanizado en 37 parques empresariais de Galicia

Rueda avanza que este venres Xestur convocará un concurso para a adxudicación de solo empresarial da súa propiedade: 683.000 m2, en 255 parcelas de 17 parques