Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

02/03/22 | 13:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola recuperación do turismo grazas ao Plan Camiña e destaca a inversión de 1 M€ en diversas actuacións de mellora e de promoción no Camiño Francés

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, reuniuse hoxe con representantes da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés e asinou co presidente da entidade un protocolo de actuación para levar a cabo actuacións de mellora paisaxística e de promoción do Ano Santo nesta ruta

01/03/22 | 19:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita por preto de 379.000 euros as obras de illamento térmico e renovación da carpintería exterior na residencia xuvenil de Altamar en Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitaron hoxe o centro para informar á dirección e aos residentes da nova actuación

01/03/22 | 17:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía ás sete áreas hospitalarias a súa disposición para acoller refuxiados de Ucraína

A Xunta propón a apertura dun mecanismo permanente de coordinación para o envío de axuda humanitaria

01/03/22 | 13:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta recupera en Ames o BIC da Ponte de Augapesada, creando un punto de repouso no Camiño Fisterra-Muxía

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou os traballos executados ao abeiro das axudas de 2021 para o embelecemento do Camiño

01/03/22 | 08:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica detén a tres persoas e desarticula una organización que proporcionaba certificados falsos de PCR e antíxenos

Os certificados contaban ademais co logo das clínicas e cun código QR, aparentando todos os requisitos legais para viaxar ao estranxeiro, pero realmente carecía de validez legal

28/02/22 | 12:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta crea un novo miradoiro no Castro, no Concello de Dozón, cun ángulo de visión de 270º e un alcance de máis de vinte quilómetros

O delegado territorial, Luis López, e o alcalde, Adolfo Campos, supervisaron esta actuación, financiada con 30.000€ ao abeiro da orde de infraestruturas turísticas para concellos de ata 10.000 habitantes, que xa ten aberta a convocatoria 2022 ata o vindeiro 17 de marzo

28/02/22 | 12:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o seu compromiso para dotar do equipamento necesario ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, destacou hoxe na visita á AVPC de Vilasantar o investimento de 15M€ nas agrupacións da comunidade para sufragar os seus gastos de funcionamento e na dotación de material de emerxencias

28/02/22 | 11:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Plan Xacobeo Next Generation investirá 27,4 M€ na rehabilitación de 12 BICs da comunidade como a Casa Museo Valle Inclán de Vilanova de Arousa

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou este Ben de Interese Cultural (BIC), un dos 12 da comunidade beneficiados de fondos europeos que se destinarán a levar a cabo intervencións no patrimonio histórico no Camiño de Santiago para destinalo a usos turísticos

27/02/22 | 08:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mantén unnha nova xuntanza coa Fundación Galega Contra o Narcotráfico coa que colabora dende 2015 na xestión dos bens incautados

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo unha xuntanza co presidente da entidade, Manuel Antonio Couceiro, onde analizaron a colaboración para mellorar a xestión dos bens incautados en delitos de narcotráfico en Galicia

26/02/22 | 15:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta coloca unha mouteira no mosteiro de Sant Pere de Rodes de Girona nun dos puntos de entrada do Camiño de Santiago a España

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, inaugurou un dos elementos máis representativos do Camiño, que será o quinto instalado noutras comunidades de España