Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

03/03/22 | 15:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia únese á condena europea ao ataque de Rusia a Ucraína

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representa a Galicia no Cumio que o Comité Europeo das Rexións está a celebrar esta semana en Marsella

03/03/22 | 12:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o importante traballo dos voluntarios de Protección Civil para reforzar os servizos de emerxencias

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe aos voluntarios de Protección Civil de O Saviñao, aos que apoiou nos últimos anos nos seus gastos de funcionamento e na dotación de equipamento

03/03/22 | 12:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa a creación dun espazo de reciclaxe e autorreparación de residuos no Rosal cun investimento de 30.000€

O delegado territorial, Luis López, e a directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, visitan este novo servizo, emprazado nun edificio municipal da rúa Cumieira de Arriba, xunto á alcaldesa, Ánxela Fernández

03/03/22 | 11:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta concedeu 16 axudas na comarca do Barbanza ao sector agrícola de máis de 105.000€ para impulsar o uso de enerxías renovables e a eficiencia enerxética

A Xunta ampliou o ano pasado ata os 3,7M€ estas axudas para reducir os custos enerxéticos e para mellorar a competitividade deste tipo de explotacións

02/03/22 | 18:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Os barcos históricos do “Exploraterra” chegan hoxe a Baiona da man da Xunta e Fundación Nao Victoria

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na recepción da Nao Santa María e a carabela portuguesa Veracruz, que poderán visitarse de balde no porto deportivo do 2 ao 6 de marzo coincidindo coa Festa da Arribada

02/03/22 | 15:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López convida aos locais de restauración e aloxamento de Deza e Tabeirós a aproveitar 'o potencial da orde de axudas da Xunta para a súa modernización, dotada con 2 M€'

O delegado territorial, Luis López, informou da nova convocatoria nunha visita, xunto ao alcalde de Lalín, José Crespo, ao Pazo de Bendoiro, que foi un dos catro establecementos beneficiarios das dúas bisbarras na convocatoria do pasado ano

02/03/22 | 15:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta financia a modernización de equipamentos e de medidas de seguridade na Biblioteca Municipal da Illa de Arousa

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, acompañado polo alcalde, Carlos Iglesias, supervisou esta actuación na coñecida como Casa de Godoy, á que se dotou de equipos informáticos, cortinas, mesas, cadeiras, sistemas antirroubo e un plan de emerxencias

02/03/22 | 15:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a coordinación dos servizos de emerxencias para reducir os riscos e os efectos das inundacións

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, lembrou no Parlamento galego que a Xunta actualizou en 2020 o Plan especial de Protección Civil ante o risco de inundación (Inungal)

02/03/22 | 14:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello de Xunqueira de Espadañedo na creación dun parque infantil

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe as actuacións levadas a cabo ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público

02/03/22 | 14:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

Trenor informa que o 9 de marzo remata o prazo para solicitar as axudas para a incorporación de mozos, plans de mellora e para o desenvolvemento de pequenas explotacións agrarias

O delegado da Xunta visitou a explotación gandeira Pose, beneficiada -durante as tres últimas convocatorias- polas achegas para plans de mellora, o que lle permitiu modernizar as súas instalacións e equipamentos