Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

05/03/22 | 13:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a Festa do Queixo de Arzúa como exemplo de ferramenta de difusión da oferta turística

A directora de Tursimo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na inauguración oficial da celebración, que chega a súa 47ª edición

04/03/22 | 18:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta salienta a Festa da Arribada de Baiona como referente turístico internacional e espello dunha Galicia acolledora e aberta ao mundo

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, acompañado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na apertura dun encontro que celebra o 529 aniversario da chegada da Carabela Pinta a Baiona

04/03/22 | 15:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia apela a unha verdadeira colaboración coa administración central na execución dos fondos europeos de recuperación

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, vén de representar a Galicia no Cumio Europeo de Rexións e Cidades que o Comité Europeo das Rexións organizou esta semana en Marsella

04/03/22 | 15:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 215.000 € aos custos de persoal e á dotación de equipamento do novo xulgado do Mercantil da Coruña

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, visitou esta mañá xunto co presidente do TSXG, José María y Díaz-Castroverde, o novo órgano xudicial que comezou a funcionar esta semana e será atendido por 6 traballadores da Administración de Xustiza

04/03/22 | 14:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello do Porriño na restauración do templete orixinal de Antonio Palacios e da súa contorna

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, destacou a importancia desta actuación para poñer en valor o legado do arquitecto porriñés e atraer ao concello a turistas e peregrinos do Camiño Portugués a través dunha das súas obras máis emblemáticas

04/03/22 | 12:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia as actuacións en favor do desenvolvemento veciñal da Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao de Vigo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na entrega dos diplomas aos participantes nos cursos de formación e obradoiros organizados pola entidade

04/03/22 | 12:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa os valores da dieta atlántica entre o alumnado galego de Bacharelato e Formación Profesional

A través da iniciativa “Alimentación Saudable e Dieta Atlántica” os futuros restauradores recibirán formación práctica no CSHG sobre cociña saudable elaborada con criterios da dieta atlántica

03/03/22 | 16:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor destaca o gran avance na alimentación eléctrica do polígono da Sionlla coa nova subestación de Naturgy que contou cun apoio da Xunta de 3,7 millóns de euros

O delegado da Xunta supervisou o funcionamento desta nova instalación que serve tamén de apoio á rede existente da subestación de San Caetano

03/03/22 | 15:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Medio Rural; C. de Sanidade; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral para o Deporte

Feijóo avanza un investimento de 5,5 millóns para o novo servizo de medicina nuclear do Complexo Hospitalario de Ourense

Anuncia que a Consellería de Medio Ambiente habilitará máis de 340.000 metros cadrados de nova superficie industrial en San Cibrao das Viñas, cun investimento de 10 M€

03/03/22 | 15:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta concede 466.000€ ás principais adegas do Condado, a Paradanta e o Baixo Miño para reestruturación e conversión de viñedo

O delegado territorial, Luis López, informa desta concesión nunha visita a Señorío de Rubiós, que executa na actualidade reestruturacións de viñedos para gañar case 25 hectáreas de produción tras incorporar 22 hectáreas en anos anteriores coas achegas da Xunta