Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta destaca o éxito da aposta pola calidade do Condado-Paradanta para mellorar a imaxe do destino
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, fixo entrega das distincións ás 47 empresas e entidades distinguidas polo seu compromiso coa calidade neste xeodestino
A Xunta traslada a demanda das ONGD de priorizar as doazóns en efectivo a Ucraína fronte as axudas en especie polos problemas de loxística
Nunha reunión coa Fegamp e diversas ONGD, acordouse establecer un grupo de traballo permanente para facer fronte á emerxencia humanitaria mentres dure a crise
Arias celebra que o IES de Foz recupere os campionatos baristas, que “figuran entre os máis recoñecidos do panorama nacional”
Logo das actividades virtuais do pasado ano, o instituto volverá a reunir a alumnos de Escolas de Hostalería e profesionais os días 10 e 11 de febreiro
A Xunta resolve o concurso de ideas para a construción da nova sede do Imelga en Santiago
O xurado considerou que o arquitecto vigués Alfonso Carlos Penela presentou a mellor idea que servirá de base ao proxecto técnico, básico e de execución da obra
Trenor destaca que o retraso nas licenzas do Concello retrasa as obras de mellora do CEIP Eusebio da Garda e do IES Rafael Dieste
O Goberno galego solicitou as licenzas municipais para estas dúas actuacións no verán e suporán un investimento na cidade de case 2,2 millóns de euros
A Xunta colabora co concello de Leiro en actuacións destinadas a garantir a protección do medio ambiente
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, coñeceu hoxe varios dos proxectos levados a cabo no concello ao abeiro das axudas da Vicepresidencia Primeira
Luis lópez anuncia que a Xunta executará ou activará 22,4 M€ en investimentos ao longo deste ano no concello de Lalín
O delegado territorial presidiu esta mañá a sesión mensual da Comisión Territorial da Delegación da Xunta en Pontevedra, celebrada no Concello de Lalín ao abeiro do seu percorrido itinerante pola provincia, que xa a levou por Oia, Covelo, O Grove e Campo Lameiro
A Xunta investiu máis de 124.000 € na mellora das infraestruturas turísticas de cinco concellos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte
A Xunta financia con esta orde actuacións de mellora das infraestruturas turísticas coas que o Goberno galego avoga pola consolidación do turismo nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística
A Xunta adxudica a Abanca a xestión das tarxetas da nova edición do bono turístico, que os usuarios poderán reservar a partir de mediados deste mes
A vindeira semana publicarase no Diario Oficial de Galicia a convocatoria do bono turístico #QuedamosenGalicia22 e abrirase o prazo para que se sumen as empresas que queiran participar nesta nova convocatoria
A Xunta contribúe a poñer en valor o patrimonio e consolidar a oferta turística de Cerdedo-Cotobade co novo centro cultural e turístico Antonio Fraguas
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, inauguraron a reforma e restauración do antigo cine-baile da parroquia de Carballedo, unha obra na que a Xunta investiu 350.000 euros