Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

10/03/22 | 13:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta explica en Mondoñedo os recursos que achega para impulsar a innovación e a expansión das empresas locais

O delegado territorial, Javier Arias, participou na última parada na provincia da iniciativa Camiño de futuro, que días atrás recalou en Baleira e Bóveda

10/03/22 | 11:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias destaca que a Xunta reforza este ano o seu apoio á cultura con medidas para retomar o crecemento do sector

O delegado territorial de Lugo visitou a Sala Tebras, un dos locais beneficiarios da convocatoria de axudas para a programación musical do Xacobeo

10/03/22 | 11:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achega 90.000 euros para formación práctica en 14 bolsas para as oficinas de información turística

As bolsas terán unha periodicidade de seis meses e poderán solicitarse a través da sede electrónica da Xunta

09/03/22 | 15:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Os barcos históricos do “Exploraterra” chegan hoxe a Coruña da man da Xunta e da Fundación Nao Victoria

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor e o presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Martín Fernández, participou hoxe na recepción da Nao Santa María e a carabela portuguesa Veracruz, que poderán visitarse de balde no peirao de Trasatlánticos desde hoxe ata o 13 de marzo

09/03/22 | 15:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta debate coa Comisión Europea as prioridades da Unión para este ano no contexto da guerra da Ucraína

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, inaugurou a a segunda reunión do ano do ciclo de encontros virtuais "FGE | NextGeneratiOn Galicia”

09/03/22 | 12:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias celebra que o concello de Vigo aprobe a urbanización da primeira fase de San Paio de Navia case un ano despois de recibir o proxecto

A delegada territorial da Xunta na cidade subliña que con esta decisión se desbloquea un proxecto clave desde o punto de vista residencial e lembra que o Executivo municipal aínda ten que pronunciarse sobre os polígonos 2 e 3

09/03/22 | 12:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias visita o Cee Saladino Cortizo, o único centro educativo de Galicia con FP Dual para o alumnado con necesidades educativas especiais

Segundo indicou a delegada territorial da Xunta en Vigo, a implantación desta modalidade no centro vigués permite incorporar a formación na empresa no ciclo de Xardinería e viveirismo que actualmente cursa o alumnado con atención específica

08/03/22 | 12:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre o prazo para que aloxamentos e axencias de viaxe participen na nova edición do bono turístico

O DOG publica hoxe a resolución na que se recolle que as empresas interesadas terán de prazo ata o 1 de decembro para realizar as súas inscricións, en tanto que os usuarios poderán comezar solicitar as súas tarxetas este mesmo mes

08/03/22 | 11:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia da Lei de Acción Exterior na proxección da cultura galega en todo o mundo

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, participou esta mañá na xornada organizada pola Xunta e o Consello da Cultura Galega para informar da norma aos axentes culturais no seu primeiro aniversario