Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Gabriel Alén sinala ao Campus da Auga como un centro de referencia e excelencia científica, con capacidade de proxección exterior e de creación de valor económico e social
O delegado territorial subliñou que o Campus da Auga xa está a potenciar a singularidade e a especialización que existe en Ourense arredor das temáticas da auga, aproveitando o potencial de Ourense, segunda cidade europea en potencial termal
A Xunta colabora co concello de Boimorto na mellora da instalación deportiva da Gándara
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou esta actuación levada a cabo ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público
A Xunta avanza no compromiso coas vítimas e testemuñas vulnerables coa dotación dunha nova sala Gesell na Coruña
O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, visitou o edificio da rúa Capitán Juan Varela no que está a Subdirección do Imelga e no que se implantará a sala de atención as vítimas
Aberto o prazo de inscrición ao curso de especialización en financiamento europeo da Fundación Galicia Europa para entidades públicas e privadas galegas
O curso “TecEuropa” desenvolverase de xeito virtual ao longo de catro sesións repartidas entre o 4 e o 13 de maio
A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro no noroeste da Coruña e no litoral lucense
Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.
A Policía Autonómica en colaboración con axentes ambientais esclarecen un incendio no concello ourensán de Leiro
No que vai de ano, a Policía Autonómica leva investigadas 14 persoas como presuntas autoras de incendios forestais
A Xunta impulsa accións de educación para o desenvolvemento no Salvador en colaboración con representantes da organización ‘Hip Hop feminino’
A visita a Galicia de dúas activistas salvadoreñas, que se reuniron con director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, enmárcase no proxecto "Activistas polo mundo que queremos 20021-2022", financiado polo Goberno galego
Fernández-Tapias visita as 14 alumnas ucraínas que cursan os seus estudos no conservatorio superior de música de Vigo
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, interesouse pola súa situación persoal e a dos seus familiares tras a invasión en Ucraína
Luis López salienta que a Xunta investirá 240 M€ na cidade de Pontevedra a curto prazo en obras e servizos públicos estratéxicos
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra explicou, na clausura da asamblea xeral do Foro Empresa Pontevedra, que esta contía despregarase entre o presente exercicio e os anos 2023 e 2024 e supón unha media duns 1.000 euros por habitante
Fernández-Tapias entrega dúas novas vivendas no casco vello vigués
Trátase do segundo e terceiro andar da rúa Berbés 29, unha das últimas promocións do organismo rehabilitador na fachada marítima do barrio histórico