Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta licita a renovación do firme en oito treitos de seis estradas autonómicas de Pontevedra e O Salnés cun investimento de 1,3 M€
O delegado territorial, Luis López, informou da apertura deste proceso de contratación nunha visita á estrada PO-300, que vai ser mellorada en máis de oito quilómetros, xunto ao alcalde de Ribadumia, David Castro
A Xunta reforza a súa aposta polas Agrupacións de Protección Civil e destaca o seu traballo altruísta a prol da seguridade da cidadanía galega
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, destacou hoxe na visita á AVPC de Tui o investimento de 18 M€ nas agrupacións da comunidade para sufragar os seus gastos de funcionamento e na dotación de material de emerxencias
A 2ª edición dos Instagrammers no Camiño duplicou o seu alcance con máis de 27 millóns de impactos
Os cantantes Luis Cepeda e Roi Méndez, a actriz Cristina Castaño e os influencers Xurxo Carreño, Natalia Maquieira e Tamara García Romero foron os participantes desta edición, percorrendo os 100 últimos quilómetros do Camiño Mozárabe-Vía da Prata para conseguir a Compostela
A Xunta habilita unha embarcación para atravesar o Miño entre A Guarda e Caminha que dará servizo a veciños, turistas e peregrinos do Camiño da Costa
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, salientou que este novo servizo, Xacobeo Transfer, potencia o Camiño Portugués pola Costa xa que permite aos peregrinos atravesar directamente desde Caminha a A Guarda
A Xunta recibe a unha delegación de Cabo Verde encabezada polo expresidente Pedro Pires
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, recibiu hoxe ao expresidente de Cabo Verde, Pedro Pires, nun encontro enmarcado nas relacións de amizade e de cooperación entre Galicia e Cabo Verde
A Policía Autonómica en colaboración con axentes ambientais esclarecen un incendio no concello ourensán da Peroxa
No que vai de ano, a Policía Autonómica leva investigadas 15 persoas como presuntas autoras de incendios forestais
A Policía Autonómica localiza en Carballo tres depósitos clandestinos con máis dun milleiro de vehículos para despece
Os axentes identificaron tres fincas ilegais e clandestinas e denunciaron infraccións polo deficiente almacenamento de residuos e sen respectar a normativa sobre a reciclaxe dos residuos perigosos
A Xunta comeza as obras da rede de camiños principais da concentración parcelaria de Oleiros cun orzamento de 1,5 M€
O delegado territorial, Luis López, asistiu esta mañá á presentación dos traballos, que contemplan a execución de 11,4 quilómetros de vías, entre acondicionamento das existentes e outras de nova apertura, cun prazo de execución de 18 meses
Fernández-Tapias participa na presentación do libro do periodista vigués Fernando Franco 40 años de moda en Galicia
A publicación, editada por Guiverny coa colaboración da Xunta de Galicia a través do Xacobeo 21-22 rende tributo á época na que Galicia, e nomeadamente Vigo, foron vangarda creativa e comercial no sector da moda, da música e da arte
A Xunta destaca as boas previsións para a Semana Santa en Galicia, con zonas cunha ocupación superior ao 80%
Ribeira Sacra e Ourense, con ocupacións por riba do 80%, e os territorios vencellados coa Semana Santa como Santiago, Ferrol ou Viveiro, é previsible que acaden bos resultados de ocupación a vindeira semana