Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

09/12/22 | 15:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remata a mellora de pistas en Carboentes, no Concello de Rodeiro, e proxecta unha actuación similar en Pescoso co Plan de Infraestruturas Rurais

O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde, Rubén Quintá, supervisou esta actuación, orientada á pavimentación de vías na contorna agrícola desta parroquia, a segundo máis poboada e cun forte peso agrogandeiro

09/12/22 | 14:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Patrimonio Cultural autoriza ao Concello de Vigo á mellora da accesibilidade peonil na rúa Juan Ramón Jiménez

A Dirección Xeral comunica o seu informe favorable á actuación con condicionantes sobre o documento municipal presentado

09/12/22 | 14:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta vén de executar obras por importe de 38.000 euros no colexio da Gándara, en Monforte de Lemos

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que foi ampliada e acondicionada unha aula para o alumnado de Infantil e tamén se renovaron luminarias

09/12/22 | 13:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Os concellos beneficiaranse en 2023 con máis de 11 M€ do fondo de compensación ambiental da Xunta a prol da protección do medio natural

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, visitou hoxe As Pontes de García Rodríguez, que dispón dun novo tractor para as brigadas ambientais ao abeiro desta liña de axudas
 

09/12/22 | 13:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta comezará nunha semana as obras de mellora enerxética dos xulgados de Noia

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, destacou hoxe no Parlamento galego que o Goberno galego tamén prevé colaborar co concello noiés para trasladar os arquivos xudiciais a un local de titularidade municipal

09/12/22 | 11:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta visita as obras de reforma do centro de saúde e PAC de Castro Caldelas

A actuación tivo un orzamento de 202.300 euros e foi froito dun convenio entre a Xunta e o Concello ao tratarse dun edificio de titularidade municipal.
 

08/12/22 | 16:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias anima ao club do baloncesto Seis do Nadal a manter o seu espírito solidario e inclusivo no seu 40 aniversario: “Sodes unha referencia para a cidade”

A delegada da Xunta en Vigo participou este xoves na presentación da nova temporada do equipo fundado en 1983 e que conta con 700 xogadores e máis de 40 adestradores

08/12/22 | 12:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta executou xa o 100% do Plan anual 2022 da cooperación galega para o desenvolvemento

A dotación final ascendeu a case 8,2M€ tras a incorporación de 364.200 euros ao longo do ano