Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Os clubs e federacións da provincia de Ourense recibiron máis de 160.000 euros ao abeiro das axudas para a adquisición de equipamentos deportivos que no ano 2019 medraron nun 500%
En total, foron 16 clubs deportivos e tres federacións da provincia ourensá as entidades beneficiadas por esta liña de axudas en 2019
Lete Lasa celebra “un século de fútbol” do Rácing de Ferrol que “enche a toda a sociedade galega dun forte sentimento de orgullo”
Das 90.000 licenzas federativas que loce o fútbol de Galicia, o Rácing achega preto de 250 entre os seus sete equipos afiliados e máis os outros seis da súa Escola, a metade de todos eles (124), están adscritos ao seguro deportivo 6-16 Xogade que financia a Xunta de Galicia
O Campionato Galego Júnior e Escolar de Loitas Olímpicas arranca mañá en Vigo nun contexto de crecemento das licenzas que permite a Galicia ser a comunidade líder neste aspecto
O número de licenzas federativas aumentou desde 2017 un 23% ata superar as 1.600, pero o que é máis importante é o comportamento das licenzas femininas, que no mesmo espazo de tempo subiron un 65% ata situarse nas 600
Lete Lasa destaca “o traballo, a constancia e o compañeirismo” dos nosos remeiros e remeiras que axudarán á Selección Galega no Campionato de España de Castrelo de Miño
Subliña algúns dos fitos conseguidos xunto á Federación e á LGT como a cuarta posición de Galicia en canto ao número de licenzas por comunidade e a primeira en canto a número de clubs, ou a clasificación de Rodrigo Conde para Toquio 2020
Lete Lasa sitúa a Ourense como líder do turismo e destaca a compatibilidade de usos da pista de Expourense que traerá á cidade o mellor do atletismo nacional
O secretario xeral para o Deporte participou na Noite do Deporte celebrada ao abeiro da vixésimo primeira edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar 2020
Lete Lasa comunica aos deportistas galegos de alto nivel de Ourense as novidades das que se poderán beneficiar no 2020 e a liña de axudas para os Xogos de Toquio que sairá en abril
En total, desde o ano 2008, os deportistas galegos de alto nivel recibiron uns 4,4 millóns de euros (4.347.820 euros) no que respecta ás axudas da Fundación Deporte Galego
Lete Lasa valora a simultaneidade da Copa del Rey e a Copa de la Reina de hóckey que levan á Coruña a súa 77ª e a súa 15ª edición respectivamente
Lembra como en 1942 celebrábase no Leirón o primeiro partido de hóckey en Galicia e destaca como, 77 anos máis tarde, preséntase na mesma cidade a 77ª edición da Copa del Rey, unha oportunidade inmellorable para que un club galego se alce co trofeo de campión
A Xunta saca a licitación as obras de construción das novas instalacións deportivas no Complexo de Monterrei no Pereiro de Aguiar (Ourense) por 1 millón de euros
O proxecto de reforma contará cunha zona deportiva e unha zona acuática como dúas partes diferenciadas e independentes cun orzamento total próximo aos 10 millóns de euros e cofinanciado ao 50% entre Xuntade Galicia e Deputación de Ourense
Lete Lasa comunica aos deportistas galegos de alto nivel de Pontevedra as novidades das que se poderán beneficiar en 2020 e a liña de axudas para os Xogos de Toquio que sairá en abril
En total, desde o ano 2008, os deportistas galegos de alto nivel recibiron uns 4,4 millóns de euros (4.347.820 euros) no que respecta ás axudas da Fundación Deporte Galego