Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta ofrece o espazo Adestra #NaCasa no que as federacións deportivas de Galicia amosan o seu traballo cos deportistas no período de confinamento
Para o secretario xeral para o Deporte, Adestra #NaCasa é unha mostra do traballo continuado e a creatividade dos responsables do tecido deportivo de Galicia porque “ante a situación que estamos a vivir, o deporte galego non se para, aínda que quedemos na casa”
A Secretaría Xeral para o Deporte insiste na importancia da toma de decisións conxuntas tras unha nova reunión coas doce federacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva
A Xunta e as federacións deportivas traballan na procura dunha decisión conxunta sobre a resolución das competicións que favoreza a todo o tecido deportivo galego e que teña en conta as particularidades de cada modalidade ou especialidade
A fórmula galega das 'Píldoras Solidarias' para combater o confinamento incorpora a novos profesionais e estende o seu efecto a unha vintena de países
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asegura que “estes datos falan dunha magnífica resposta do deporte a unha situación excepcional como é a do confinamento”
A Secretaría Xeral para o Deporte toma novas medidas acordadas co sector para que o deporte galego avance de xeito unánime na mesma dirección
A resolución que prorroga seis meses os recoñecementos de alto nivel para os deportistas galegos que finalizan a súa condición no ano 2020 vén de ser asinada e será publicada no Diario Oficial de Galicia nas vindeiras datas
A Xunta prorrogará os recoñecementos DGAN vixentes e avanza en "alternativas de adestramento para os deportistas"
A tramitación do primeiro pagamento dos convenios de colaboración para a actividade federativa de 2020 será executada “no menor tempo posible” e se está a desenvolver “con normalidade”
A Xunta considera acertada a decisión do COI de adiar os Xogos de Toquio e xa traballa cos deportistas galegos que estaban na carreira olímpica de cara a unha nova data
“Con este aprazamento entendemos que se facilita que todos os atletas, independentemente de onde residan, poidan chegar nas mellores condicións e cunha maior igualdade”, apunta o secretario xeral para o Deporte
Un 50% de deportistas e adestradores galegos e galegas participaron na primeira 'Píldora Solidaria' de adestramento mental que reuniu a 1.780 inscritos de 18 países
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, destacou que queda claro que “Galicia quere adestrar, que o deporte galego non se vai quedar de brazos cruzados e prepararase do mellor xeito posible neste período de confinamento para regresar á competición nas mellores condicións, respectando sempre as medidas de seguridade para evitar o contaxio do coronavirus”
A Xunta estrea mañá a iniciativa da Sociedade Iberoamericana de Psicoloxía do Deporte 'Píldoras Solidarias' para axudar á preparación de deportistas no período de confinamento
Distintos profesionais da psicoloxía deportiva realizarán adestramentos mentais dirixidos a deportistas e técnicos no tempo que haxa restricións pola expansión do coronavirus; a primeira será mañá ás 18,00 horas
Lete Lasa estuda cos seus homólogos e o CSD as medidas para optimizar os efectos positivos e minimizar os prexuízos da declaración do estado de alarma no eido deportivo
O secretario xeral confía en que os deportistas “comportaranse neste tempo coa mesma responsabilidade coa que o fan en cada competición. Son tempos difíciles de quedar na casa e colaborar para previr os contaxios. Cumprindo todas as instrucións, de seguro que pronto volveremos á normalidade”
Feijóo avanza a posta en marcha de novas actuacións centradas na prevención para conter o contaxio do coronavirus
Anuncia a suspensión das actividades lectivas e extraescolares en todos os niveis educativos, a partir do vindeiro luns e durante 14 días -a partir do luns de forma oficial e a partir de mañá de forma recomendada-