Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta aproba o protocolo polo que se establecen as medidas fronte á covid-19 no deporte federado galego e dáo a coñecer ás 58 federacións deportivas
Seguindo o disposto na resolución e tomando como referencia o protocolo aprobado hoxe -ambos dispoñibles na páxina web do Deporte galego- cada federación elaborará o seu propio protocolo atendendo ás súas modalidades e especialidades
A Xunta destaca o compromiso da Sociedade Deportiva Teucro no fomento da igualdade
A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, participou hoxe na presentación de Irene Vilaboa como adestradora do equipo de balonmán
A Xunta remata a primeira rolda de reunións virtuais coas 58 federacións galegas para coñecer a súa situación deportiva e financeira e concretar as medidas do plan de reactivación
Estas xuntanzas tamén serviron para anunciar ás federacións deportivas as distintas medidas levadas a cabo pola Xunta como o mantemento do pago dos convenios de colaboración que xa están sufragados ao 83% e todas as federacións deportivas percibiron algún pago -36 delas recibiron o importe íntegro-
Lete aplaude a capacidade de adaptación dos deportes de combate que manteñen eventos en liña como o Trofeo Miguelito, o infantil de karate ou varios campionatos de taekwondo
En total foron 3.504 judokas os participantes nesta edición do Trofeo Miguelito procedentes de toda España, Italia, Francia, Portugal, Perú, Arxentina, Paraguai, Chile ou Porto Rico entre outros
O CSD elimina as franxas horarias para todos os deportistas na Fase 3 e asume a elaboración dun protocolo básico para toda a actividade deportiva tras as reiteradas peticións de Galicia
Ante o posible cambio da gobernanza, o secretario xeral solicitou unha “necesaria coordinación global entre comunidades para que a reactivación deportiva evolucione no mesmo grao”, unha visión compartida por todos os seus homólogos
A Xunta, os campus de baloncesto, a Liga Galega de Traíñas e ARIVEN traballan para recuperar a actividade deportiva canto antes e con todas as garantías
No contexto da ferramenta FISICOVID-DXTGALEGO están a traballar simultaneamente dez grupos en función das modalidades deportivas e nas vindeiras semanas veranse os primeiros resultados
Lete Lasa participa no encontro da UFEDEGA con Alejandro Blanco e sitúa ao deporte como unha ferramenta para vencer “as ameazas que nos axexan”
O ‘Encontro entre a UFEDEGA e o presidente do Comité Olímpico Español’ enmárcase no convenio asinado entre a Xunta e UFEDEGA para o desenvolvemento de actuacións de formación, asesoramento e apoio ás federacións deportivas galegas
Xunta e as federacións náuticas traballan nun protocolo marco para todos os deportes de auga que "en breve, poderán desenvolver a súa actividade"
Nesta semana producíronse reunións coas federacións deportivas galegas de motociclismo, motonáutica, xadrez, tiro con arco, tiro olímpico, tenis de mesa, pádel, tenis, kung fu e kickboxing, ademais dunha xuntanza global con todas as federacións náuticas
A Xunta xa traballa coas federacións na identificación de situacións de contaxio da covid-19 no deporte galego
En palabras do secretario xeral, “hoxe comezamos unha tarefa moi importante, moi útil e moi produtiva” para que o deporte galego comece a súa reactivación