Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Secretaría Xeral para o Deporte destina 58.600 euros a catro entidades lucenses para a adquisición de furgonetas e outro equipamento
O Club Ensino, o Emevé, Judo Lugo e Ritmo Lugo resultaron beneficiarios do programa de axudas convocado pola Xunta para renovar e modernizar o material
Acordo para a non celebración da Volta Ciclista a Galicia 2020
Equipos participantes, federación e secretaría xeral mantiveron un encontro esta tarde no que se acordou a non celebración da XIX edición da proba.
A Xunta expresa a súa “enorme decepción” pola renuncia do CSD a elaborar o protocolo marco para a competición non profesional de ámbito estatal
Lete Lasa lembra que a competencia para elaborar o protocolo é do CSD xunto as federacións nacionais e que a vontade da Xunta foi sempre “colaborar co resto de comunidades para axudar na redacción deste protocolo que o CSD pode aprobar de xeito unilateral en calquera momento”
Lete Lasa destaca Galicia como destino turístico seguro, escenario dos máis importantes eventos e berce dos mellores deportistas, no transcurso do Campionato de España de Surf
Felicita a Guillermo Carracedo, recente campión de España na modalidade de SUP Olas e animou a outras das grandes esperanzas do deporte galego como Gony Zubizarreta ou Vicente Romero
Lete destaca a responsabilidade e o traballo en equipo como factores da reactivación do deporte galego que comezou hai dous meses e continua hoxe con eventos como a Semana Abanca
Acto despois da presentación do evento, o secretario xeral formalizou o contrato de patrocinio con Zulema Prado, presidenta do Club Marítimo de Vigo, polo que o Goberno galego concede á Semana Abanca un total de 5.000 euros
A Xunta esixe ao Ministerio unha rápida actuación para o deporte non profesional e ofrece o traballo de Galicia que conta con protocolos específicos dende hai máis de dous meses
Denuncia o “triste asunto” do Real Club Deportivo de La Coruña e que prexudica a toda Galicia e ao deporte xeral sentando un “moi mal precedente”
Galicia permite o deporte con contacto para os seus mellores deportistas, os que teñen máis necesidades e os equipos que poidan sufrir prexuízo pola situación noutras comunidades
Os protocolos dos eventos deportivos deberán axustarse, con carácter mínimo, aos requirimentos que sexan de aplicación á concreta modalidade deportiva segundo o establecido no protocolo FISICOVID-DXTGALEGO
Lete Lasa e as Federacións Galegas reactivan os grupos de traballo na procura dun modelo común para retomar a actividade deportiva autonómica axustada ao escenario actual
Cítanse dentro de quince días para, na medida do posible, comezar a implementar novas medidas que permitan avanzar cara a recuperación da normalidade na práctica deportiva galega