Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Lete Lasa defende a dieta atlántica e a actividade física como os baluartes que conducirán á nosa poboación cara á inmunidade de grupo contra o sedentarismo
A Secretaría Xeral para o Deporte traballa en convenios de colaboración para a implantación de DAFIS noutras comunidades así como proxectos de colaboración para a posta en marcha de prescrición de exercicio e avaliación da condición física en poboacións con patoloxías ou a apertura de novos grupos de idade para prescribir actividade física tamén nos maiores de 60 anos
Xunta e federacións deportivas traballan na distribución do orzamento para 2021 que sobe nun 28,5%
José Ramón Lete Lasa, mantivo na mañá de hoxe unha xuntanza cos representantes das 58 federacións deportivas de Galicia na que se abordaron os principais temas con respecto a vindeira anualidade de 2021
O secretario xeral para o Deporte lembra a importancia do papel da actividade física no desenvolvemento do ecosistema tecnolóxico e dixital
No Máster en Xestión Empresarial do Deporte da Universidade de Vigo no que presentou a conferencia de Manel Varcarce
Lete Lasa destaca o traballo do tenis de mesa galego que permite a Galicia ser a única comunidade coas súas ligas en marcha desde o 17 de outubro
Terá lugar os vindeiros 5, 6, 7 e 8 de decembro e estará organizado pola Federación Galega de Tenis de Mesa para as categorías benxamín, alevín, infantil, xuvenil, sénior e veterano, tanto masculinas como femininas
Lete Lasa destaca o traballo de todo o deporte galego que permite o éxito seguro de celebracións deportivas como a Liga Española de Vela en Baiona
“Hoxe, cando España enteira se recupera da segunda onda, Galicia segue tendo uns dos mellores datos epidemiolóxicos no contexto nacional e o deporte federado atópase exceptuado das restricións”
Lete Lasa confía na vocación da caza de protexer os valores naturais, de sustentabilidade e de ordenación dos recursos cinexéticos
A Federación Galega de Caza é a segunda federación en Galicia en número de licenzas (19.464) e a número corenta en axudas percibidas da Secretaría Xeral
Lete Lasa destaca á dieta como a mellor aliada da actividade física na consecución do benestar persoal e social
Na presentación do libro ‘Bases científicas da Dieta Atlántica’ publicado pola Fundación Dieta Atlántica da USC
O Plan de patrocinio publicitario dos equipos de alta competición de Galicia suma máis de 3 millóns de euros para 209 equipos entre as súas dúas fases
Soben os equipos totais beneficiados (9% máis) e os femininos (11% máis) con respecto ao Plan de 2019
Feijóo destaca a importancia da nova Cidade Deportiva do Celta para reforzar o futuro do fútbol e do deporte galego
Lembra que o club merecía contar cun espazo de “primeira”: “Unhas instalacións propias, de última xeración, á altura da súa relevancia e abertas aos veciños da área”, salientou
O monfortino Eduardo Iglesias achegará as marcas de Deporte Galego e Galicia Calidade aos fogares dos 200 millóns de telespectadores do Dakar 2021
Para a edición de 2021, a Secretaría Xeral para o Deporte e Galicia Calidade colaborarán co piloto lucense a través de senllos contratos que patrocinan as accións promocionais da participación do Club Team Monforte Rally no Rally Dakar