Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O deporte galego chora o pasamento de José Luís Méndez, “impulsor do remo en Galicia e gran remeiro olímpico”
A Xunta de Galicia recoñeceu o seu labor a prol da promoción e fomento do deporte e da educación física na comunidade galega no ano 2013 coa entrega da Distinción ao Mérito Deportivo
A Xunta publica a cuarta Guía DXT Galego para achegarse do modo máis seguro posible á volta á competición de nenos, mozos e amateurs
Grazas a esta aproximación máis segura aos contidos específicos de cada deporte, acádase gran motivación, reforzo e recompensa para o deportista, o que aínda se potenciará máis cando a práctica inclúa xa a propia actividade competitiva
Adxudicado o proxecto de construción do parque acuático de Monterrei por 193.000 euros e un prazo de execución de 17 semanas
A zona deportiva, xa rematada e en uso, alberga un pump track indoor para bicicleta BTT e deportes urbanos, ademais dunha pista polideportiva descuberta, unha pista de tenis cuberta e outra descuberta, dúas pistas de pádel cubertas e outras dúas descubertas e a ampliación da cuberta da pista de atletismo
O Foro de Reactivación do Deporte Galego xa traballa na ordenación das profesións do deporte como actividades de capital importancia para a economía e a saúde de Galicia
Dada a importancia do deporte na economía galega xa se inclúe no Plan Galego de Estatística 2017-2021 o “estudo de métodos e fontes estatísticas para elaborar unha análise do sector do deporte” como unha liña de actuación salientable
A Xunta impulsará ao vigués Ricardo Ramilo na súa primeira participación no Dakar na categoría de buggies
Tanto a Secretaría Xeral para o Deporte como Galicia Calidade tamén patrocinarán a participación do monfortino Eduardo Iglesias no Rally Dakar 2021, neste caso na categoría de motos
Deporte Galego traballa no proxecto Ecodestin para afianzar a Galicia como potencia do turismo deportivo náutico e acadar novas oportunidades para os deportistas de elite universitarios
Lete Lasa destaca como a auga “vai no código xenético dos galegos e o deporte galego bebe desta tradición, polo que contamos coas mellores instalacións e os mellores deportistas”
Resoltas as axudas a deportistas galegos de alto nivel 2020 que alcanzan os 348.590 euros con récord de solicitudes presentadas
A resolución conta con seis tipos de axudas -Axuda DGAN 1 (8.000 euros), Axuda DGAN 2 (6.000 euros), Axuda DGAN 3 (4.000 euros), Axuda DGAN 4 (1.500 euros), Axuda DGAN 5 (800 euros) e Axuda DGAN 6 (350-1.000 euros)- máis as recentemente creadas Axudas DGAN D.A. sendo a primeira vez que se outorga este tipo de axudas a deportistas de apoio ou guía
Inaugurado o II Congreso Ibérico de Turismo Deportivo coa vista posta no ano 2022 no que se prevé celebrar o primeiro congreso internacional
A asistencia, física ou en liña, é de carácter gratuíto e xa se superan os 400 inscritos
A Xunta presenta o II Congreso Ibérico de Turismo Deportivo como un foro necesario no que turismo e deporte se volven a dar a man en tempos de pandemia
O secretario xeral para o Deporte refírese á “capacidade de adaptación dos galegos para poder salvagardar o noso deporte -que potencia a nosa saúde- e o noso turismo -que potencia a nosa economía- en tempos de pandemia”
A Federación Galega de Motonáutica recibe o título de Real e completa xunto a vela e fútbol, “a tríade rexia das Federacións Deportivas Galegas”
Lete Lasa expuxo os motivos que fan á Federación Galega de Motonáutica acredora deste título que a cualifica como “magnífica e grandiosa”