Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Lete Lasa destaca a alianza de Patricia Suárez e Antón Paz como “un proxecto de futuro e de éxito para a vela galega”
Lembra o apoio brindado pola Secretaría Xeral para o Deporte a través da entrega ao Centro Galego de Vela (CGV) dunha embarcación de vela lixeira da clase 49er FX cun investimento de 32.276,75 euros
Lete Lasa enxalza o excelente nivel do boxeo galego na recepción ao hispano-dominicano afincado en Vigo, José Gregorio Suero Martínez, campión de España Superwelter
Asegura que “os mellores boxeadores saben do magnífico traballo que se realiza en Galicia cando deciden vir a adestrar e competir pola nosa comunidade”
Teresa Portela confirma a súa participación en Tokyo e convértese na española con máis presenzas olímpicas, “un día histórico para Galicia”
Lete Lasa asegura que hoxe é “un día histórico para Galicia” porque “Teresa Portela vén de escribir unha das páxinas más brillantes da historia do deporte español”
Lete Lasa recibe á directiva da Real Federación Española de Hóckey e destaca o bo nivel dos equipos de Galicia
Destaca que o hóckey galego non deixa de medrar como demostra que en xaneiro de 2022 celebrarase en Ourense o Campionato de Europa de Hóckey Sala Feminino
A secretaría xeral para o Deporte destina 20.000 euros a crear unha pista de pádel en Portomarín
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Xunta colabora cos concellos para ofrecer dotacións que impulsen a práctica deportiva entre a cidadanía
Lete Lasa recibe a Eduardo Iglesias tras a súa excelente participación no Dakar e coa vista posta xa na tempada que vén
Nesta última edición de 2021, a Secretaría Xeral para o Deporte e Galicia Calidade colaboraron co piloto lucense a través de senllos contratos de patrocinio
Friol estrea a cuberta do pavillón do CPI López Suárez grazas ao apoio da Xunta
Preto de 10 millóns de euros serán destinados a obras de creación e reforma de infraestrutura deportiva en 2021
A Xunta destaca a importancia do remate de "La Vuelta 21" en Galicia para promocionar o turismo galego a nivel internacional neste Xacobeo
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda; o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez; e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, participaron hoxe na presentación das 3 últimas etapas da proba ciclista pola comunidade ata rematar na praza do Obradoiro
Os equipos de Lugo adquiriron en 2020 equipamento por valor de 80.000 euros grazas á orde da Xunta que este ano mantén o seu orzamento (700.000 euros)
O secretario xeral para o Deporte e o delegado de Lugo mantiveron un encontro cos equipos da provincia beneficiados
A Xunta publica a quinta e derradeira guía DXT Galego sobre a organización de competicións e calendarios e a presentación do sistema iterativo de competición modular
As Guías DXT Galego ‘Volvendo con sentidiño’ poñen á disposición de federacións, clubs, profesores e adestradores suxestións con base científica que permitan acelerar a volta á normalidade na práctica da actividade deportiva con toda a seguridade e cumprimento das normativas