Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 445 novas da Secretaría Xeral para o Deporte :

19/08/22 | 15:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

O Da Summer 2022 reúne en Vigo a 5 dos mellores bailaríns europeos de hip-hop baixo o patrocinio da Xunta de Galicia

O secretario xeral para o Deporte visitou o campamento de danza urbana nunha nova mostra do pulo que a Xunta de Galicia leva realizando aos deportes urbanos nos últimos anos

28/07/22 | 17:07 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa pon en valor o potencial náutico de Galicia e da pista olímpica de Castrelo que acollerá por primeira vez a Coupe de la Jeunesse

Envía unha mensaxe de apoio e amosa a súa preocupación por todas as familias que estes días están a sufrir os efectos dos lumes en Galicia, e máis concretamente no concello de Castrelo de Miño

26/07/22 | 18:08 | Secretaría Xeral para o Deporte

Xunta e ALN celebran o éxito da Liga Galega de Traiñeiras no seu ecuador e buscan fórmulas para fomentar o deporte entre os máis novos

Os representantes da ALN destacaron as melloras acadadas pola LGT nesta nova edición salientando a uniformidade das infraestruturas nos campos de regata ou a participación da Televisión de Galicia coa emisión de oito regatas ao longo da tempada

21/07/22 | 16:49 | Secretaría Xeral para o Deporte

A reparación dos danos ocasionados no deporte pola pandemia, principal obxectivo de Xunta de Galicia e Clúster do Deporte

O obxectivo último, segundo o secretario xeral, é conseguir a importancia que o sector deportivo merece tanto na economía como na sociedade galega para xerar uns beneficios a nivel de emprego e creación de riqueza que repercutan na mellora da saúde física e mental da poboación

08/07/22 | 16:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa aplaude a loita pola igualdade na presentación do triatlón do Porriño máis inclusivo

A nova edición do Triatlón Concello de Porriño quere render homenaxe á loita polos dereitos do colectivo LGTBIQ+

05/07/22 | 20:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Lete reclama ao Consello Superior de Deportes un plan para a igualdade e a inclusión máis flexible e destaca o traballo feito por Galicia na Conferencia Sectorial do Deporte

O obxectivo perseguido polo plan do CSD é a igualdade de xénero e a inclusión de persoas con discapacidade dende os eixes da promoción, formación e sensibilización

27/06/22 | 09:56 | Secretaría Xeral para o Deporte

Nove padexeiros galegos vinculados ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva acadan no europeo de Belgrado seis medallas e nove postos de finalistas

Este éxito de triunfos para a delegación galega nace dunha excelente clasificación que conseguiron un total de 23 deportistas galegos e galegas que competiron esta fin de semana en Belgrado

23/06/22 | 12:57 | Secretaría Xeral para o Deporte

Teresa Portela e Cristian Toro novos deportistas galegos de alto nivel vitalicios nunha lista que acada xa os 711 deportistas recoñecidos

Shasha Malov (tenis de mesa) convértese no deportista galego máis novo recoñecido, ao acadar o rendemento deportivo de base

08/06/22 | 16:11 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca a importancia da recuperación do Rallye de Pontevedra para toda Galicia

A competición dará comezo o 24 de xuño, estenderase ata o domingo 25 e discorrerá polos concellos de Sanxenxo, Cercedo-Cotobade, Moraña, Meaño e Campo Lameiro